Manuel Lago Ramos, coñecido como Outeiro, nado en Muros cara a 1881, foi un policía municipal e político galego.
Traxectoria Policía municipal de Muros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse na casa de Pedro Priegue Priegue. Descuberto, foi detido. Ingresou na Prisión de Santiago de Compostela o 31 de decembro de 1936. Foi procesado e xulgado por rebelión en Santiago de Compostela con Isidro Caramés Tajes, Peregrino Lestón González e Lino Tieles Blanco o 15 de febreiro de 1937.El Eco de Santiago, 15-2-1937, p. 3.El Ideal Gallego, 16-2-1937, p. 2. Defendidos por Gonzalo Romero Osende, Peregrino foi condenado a cadea perpetua. Saíu en liberdade provisional.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en ano descoñecido