O forte de São Clemente, tamén coñecido como castelo de Vila Nova de Milfontes ou simplemente forte de Milfontes ou aínda castelo de Milfontes, localízase na localidade e freguesía de Vila Nova de Milfontes, no concello de Odemira, na rexión portuguesa do Alentexo. Foi construído en 1602, para defender a poboación dos ataques de piratas e a foz do río Mira. Perdeu as funcións militares no século XIX, sendo vendido a particulares en 1903. É considerado un selo de identidade de Vila Nova de Milfontes. Foi classificado como Inmoble de Interese Público de Portugal en 1978.PORTUGAL. Decreto n.º 95/78, 12 de setembro. Ministério da Educação e Cultura - Secretaria de Estado da Cultura. Publicado no Diário do Governo n.º 210, Série I, 12 de setembro de 1978.
Galería
Notas
Véxase tamén
Categoría:Fortes de Portugal Categoría:Odemira