Maximino Quinteiro Vidal, nado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1909 e finado en Negreira o 13 de decembro de 1994, foi un canteiro e sindicalista galego.

Traxectoria

Canteiro veciño de Negreira. Afiliado á CNT, foi vicepresidente do Sindicato de Oficios Varios de Negreira.El Ideal Gallego, 22-3-1936, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de setembro. Internado na prisión de Santiago de Compostela, o 10 de marzo de 1937 intentou fuxir xunto con Manuel José Calvo Suárez, pero volvéronos prender en Logrosa.El Correo Gallego, 15-3-1939, p. 2. Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 30 de marzo xunto con Elena Suárez Suárez, Benjamín Troitiño Beiro, Ramón Pose Suárez, Juan Barros Manteiga e outros veciños de Negreira,El Compostelano, 30-3-1937, p. 2. foi condenado a 15 anos de prisión. Cumpriu condena na cadea de Santiago de Compostela. Despois trasladárono ao cárcere de Astorga e máis tarde ao de Lugo onde ingresou o 25 de novembro de 1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1938.El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.BOE, 1-3-1940, p. 1094. Saíu en liberdade provisional o 9 de xullo de 1940. Volveu traballar de canteiro na Ponte Maceira, Ordes, A Coruña, Santa Comba e Asturias. Finou en Negreira o 13 de decembro de 1994 con 85 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, Santiago, 14-12-1994, p. 34 Vida persoal

Casou con Manuela Costa Lapido o 13 de novembro de 1941, e foi pai de Maximino, María Luz e Herminio Quinteiro Costa. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de Maximino Quinteiro Vidal

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1994