O picafollas de Hume (Phylloscopus humei) é un pequeno paseriforme que se reproduce nas montañas do interior de Asia. Este paxaro é migratorio e inverna principalmente na India.

O seu nome galego e o específico humei lembra ao funcionario e ornitólogo británico Allan Octavian Hume que vivía na India. O nome do xénero Phylloscopus vén do grego antigo phullon, 'folla', e skopos, 'buscador' (de skopeo, 'mirar'). Igual que moitas aves canoras similares, foi inicialmente incluída na ensamblaxe dos "sílvidos do Vello Mundo".

Descrición miniatura|esquerda|En Biskeri Thatch a 3.400 m de altura no distrito de Kullu, Himachal Pradesh, India.

É un dos menores picafollas. Como moitos outros, ten partes inferiores verdosas e partes inferiores brancas crúas. Coa súa longa sobrecella, banda no píleo e rémixes terciarias de marxe amarela, é moi similar ao picafollas bilistado (P. inornatus). Porén, só ten unha barra alar clara prominente, só un feble vestixio da segunda barra alar máis curta, e en conxunto cores máis apagadas. Tamén ten unha mandíbula inferior e patas escuras.

A súa canción é rumbante e aguda. A mellor distinción co picafollas bilistado é a chamada máis disilábica. Aínda que os picafollas de Hume do leste e do oeste mostran claras diferenzas no seu ADN mitocondrial e chamadas, as súas cancións non son diferentes; están illados reprodutivamente só por alopatría e non adoita considerarse que estas razas sexan especies separadas.Irwin et al. (2001)

Ecoloxía e evolución É unha ave común de bosques de montaña a altitudes de ata 3,500m sobre o nivel do mar. Vive desde o Hindu Kush e Karakorum cara ao leste e norte ata Tien Shan na China e as montañas Altai de Mongolia. A subespecie completamente alopátrica mandellii (do leste), ás veces separada como especie de seu (e a subespecie nomeada sería a raza do oeste), vive no leste da meseta do Tíbet.Alström (2006) Ambas as poboacións migran cruzando os Himalaias para invernaren na India e rexións adxacentes. A especie tamén foi rexistrada na rexión de Kutch.

miniatura|esquerda|Alimentándose no sotobosque no distrito de Kullu, Himachal Pradesh, India.

Especialmente na migración de outono, este diminuto picafollas tende ser vagante mesmo ata o oeste de Europa, a pesar de estar a 3.000 km de distancia dos seus territorios de reprodución. É un vagante raro a finais de outono e inverno en Gran Bretaña. Os adultos non reprodutores poden desviarse moito no verán, cando os exemplares da raza do leste (mandelli) son visitantes bastante comúns no verán en bosques húmidos de montaña subtropicais e temperados de Bután, arredor dos 2.000-3.500m de altura, dominados polo abeto de Bután Abies densa ou pola tsuga do Himalaia Tsuga dumosa e rododendrons, aínda que a subespecie non é un reprodutor regular nese país.Inskipp et al. (2000)

Non é unha ave tímida, aínda que o seu estilo de vida arbóreo e cores crípticas fan que sexa difícil de observar. Está en constante movemento. Como moitos "sílvidos do Vello Mundo", este pequeno paseriforme é insectívoro. Constrúen o niño no chan.

É unha especie común na maior parte da súa ampla área de distribución e a IUCN non a considera ameazada.BLI (2008)

Foi separado recentemente do picafollas bilistado (Phylloscopus inornatus), baseándose en diferenzas en morfoloxía, bioacústica e caracteres moleculares. A distribución da raza do oeste solápase coa do picafollas bilistado no oeste das montañas Saian, pero as especies aparentemente non se hibridan. A diverxencia entre as dúas especies estimouse provisionalmente que se produciu hai 2,5 millóns de anos, e que entre P. h. humei e P. h. mandelli tivo lugar hai aproximadamente 1 millón de anos.Alström & Olsson (1988), Shirihai & Madge (1993), Ernst (1996), Irwin et al. (2001), Sangster et al. (2002)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alström, Per (2006): Species concepts and their application: insights from the genera Seicercus and Phylloscopus. Acta Zoologica Sinica 52(Supplement): 429–434. PDF fulltext Alström, Per & Olsson, U. (1988): Taxonomy of Yellow-browed Warblers. Brit. Birds 81: 656–657. Ernst, S. (1996): Zweiter Beitrag zur Vogelwelt des Östlichen Altai ["Second contribution regarding the avifauna of the Sayan Mountains"]. Mitteilungen aus dem Zoologischen Museum Berlin 72, Suppl. Ann. Ornithol. 20: 123–180 [Artigo en alemán]. Inskipp, Carol; Inskipp, Tim & Sherub (2000): The ornithological importance of Thrumshingla National Park, Bhutan. Forktail 14: 147–162. PDF fulltext Irwin, D.E.; Alström, Per; Olsson, U. & Benowitz-Fredericks, Z.M. (2001): Cryptic species in the genus Phylloscopus (Old World leaf warblers). Ibis 143(2): 233–247. PDF fulltext Price, Trevor & Jamdar, N. (1991): Breeding biology of the Yellow-browed leaf warbler Phylloscopus inornatus (humei) in Kashmir. Journal of the Bombay Natural History Society 88(1): 1–19. Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J. & Parkin, David T. (2002): Taxonomic recommendations for European birds. Ibis 144(1): 153–159. (HTML abstract) Shirihai, H. & Madge, S. (1993): Identification of Hume's Yellow-browed Warbler. Birding World 6: 439–443.

Categoría:Filoscópidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1878