Asclepíades Farmación (en latín Asclepiades Pharmacion, en grego antigo Ἀσκληπιάδης Φαρμακίων), tamén coñecido como Asclepiades o Mozo (Asclepiades Juvenis) foi un médico que probabelmente viviu a finais do século I ou principios do século II, xa que cita a Andrómaco, Dioscórides Pedacio, Escribonio Largo e el mesmo é citado por Galeno.

O seu alcume debíase aos seus grandes coñecementos en farmacia, e sobre este tema escribiu unha obra dividida en 10 libros, cinco sobre remedios externos e cinco sobre internos. Galeno cita esta obra varias veces, e sempre con admiración. Notas

categoría:nados no século I categoría:finados no século II Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Médicos