Roberto David Fernández Negreira, nado en Negreira cara a 1907, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria Carpinteiro en Negreira. Secretario da Sociedad Obrera de Negreira. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acudiu a Santiago de Compostela para defender a República e despois fuxiu ao monte. Estivo agochado na súa casa emparedado nuha habitación oculta ata que foi descuberto e detido o 14 de novembro de 1938.El Compostelano, 18-11-1938, p. 2.El Correo Gallego, 19-11-1938, p. 1. Encartado na causa 705/36, foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra e condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, de onde saíu en liberdade provisional en agosto de 1940.BOE, 21-8-1940, p. 5793. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1940.BOE, 9-1-1940, p. 152.
Notas
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido