Manuel Quinteiro Vidal, nado en Santiago de Compostela cara a 1910, foi un albanel e político galego.
Traxectoria Albanel domiciliado en Logrosa (Negreira). Afiliado á UGT, foi presidente da Sociedad Obrera de Oficios Varios de Negreira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no Comité de Defensa da República de Negreira. Logo fuxiu ao monte e agochouse. Encartado na causa 226/1936 por tenencia de explosivos, foi declarado en rebeldía. Finalmente foi detido no Seilán (Sanamede do Monte) o 26 de marzo de 1938 grazas a unha delación. Ingresou na Prisión da Coruña o 8 de xullo. Encartado na causa 705/36, foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 13 de agosto de 1938 e condenado a pena de morte. A pena foi conmutada por cadea perpetua e posteriormente por 14 anos. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Oviedo, de onde saíu en liberdade condicional en maio de 1943.BOE, 6-6-1943, p. 5476. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas que foi sobresido en agosto de 1945.BOP A Coruña, 4-9-1945, p. 3.BOE, 27-9-1945, p. 700. Volveu ser detido en xullo de 1946, encartado na causa 333/46 por auxilio a guerrilleiros e estivo en prisión ata xullo do ano seguinte. Novamente detido en agosto de 1947, foi liberado ao mes seguinte.Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha no Censo de Represaliados de la UGT
Categoría:Sindicalistas da UGT
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en ano descoñecido