O furabuchos macaronesio (Puffinus baroli) é un pequeno furabucho que se reproduce nos Azores e as Canarias, illas da rexión da Macaronesia do océano Atlántico Norte. O nome científico baroli refírese a Carlo Tencredi Falletti, marqués de Barolo.

Taxonomía O furabuchos macaronesio foi descrito formalmente en 1857 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte co nome binomial Procellaria baroli. O epíteto específico lembra a figura de Carlo Tencredi Falletti, marqués de Barolo. Actualmente está situado no xénero Puffinus, que foi creado polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760 co furabuchos atlántico (Puffinus puffinus) como especie tipo. A especie é monotípica, xa que carece de subespecies.

Anteriormente considerábase da mesma especie que o furabuchos maorí (Puffinus assimilis) do hemisferio sur. As análises da secuencia do citocromo b do ADN mitocondrial indicaron que as especies baroli e boydi estaban moi próximas á subespecie nomeada do complexo da pardela de Audubon (P. lherminieri). BirdLife International mantén as formas baroli e boydi dentro da especie furabuchos maorí. A British Ornithologists' Union aceptou P. baroli como especie distinta en 2005, como tamén a Clements Checklist. A American Ornithologists' Union fixo o mesmo en 2013.

Descrición As características que distinguen o furabuchos macaronesio do furabuchos atlántico e outros Puffinus do Atlántico Norte son: cara clara, panel prateado na parte superior das ás, ás máis curtas e máis redondeadas e pés azuis.McGeehan & Mullarney 1995, Martin & Rowlands 2001. A cara clara contrasta cos ollos escuros.

Distribución Vive nas illas Azores, Desertas, Salvaxes e Canarias. A maior colonia, de 1400 parellas, encóntrase nas illas Salvaxes de Portugal. A área de distribución non-reprodutora é o Atlántico nordés tropical e subtropical.

Comportamento

Aliméntase nos 15 m superiores da columna de auga, o cal é similar ao que fai a especie moi emparentada Puffinus lherminieri do oeste do Atlántico e mar Caribe. Os furabuchos macaronesios non teñen un momento preferido do día para alimentarse ou descansar e poden pescar tanto durante o día coma a noite, aínda que parece que voa máis nas horas diúrnas. Come principalmente peixes e cefalópodos, principalmente o Argonauta argo nos Azores, pero tamén outros cefalópodos, mentres que os peixes que capturan son exclusivamente Phycis spp.

Ameazas Igual que outros procelariformes, predadores introducidos como ratas e gatos son as súas principais ameazas nas colonias reprodutoras. Ademais, as crías emplumadas son atraídas polas luces artificiais pola noite durante os seus primeiros voos desde os seus niños ao mar. En Tenerife informouse dun descenso do seu número debido a esta atracción polas luces, o que suxire un declive nesa illa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas BTO BirdFacts - Furabuchos macaronesio Aves da illa de Madeira: furabuchos macaronesio Gravacións de sons do furabuchos macaronesio en Xeno-Canto

Categoría:Proceláridos Categoría:Animais descritos en 1857 Categoría:Taxons descritos por Charles Lucien Bonaparte