O tecelán de cabeza negra (Ploceus melanocephalus) é un paxaro da familia Ploceidae que se reproduce en áreas húmidas de África tropical.
Taxonomía O tecelán de cabeza negra describiuno formalmente en 1758 o naturalista sueco de Carl Linné na décima edición do seu Systema Naturae co nome binomial Loxia melanocephala. Especificou como localidade tipo Guinea. Linné baseou a súa descrición no "Gamboa Groasbeak" que fora descrito e ilustrado en 1750 polo naturalista inglés Eleazar Albin no seu libro A Natural History of Birds. Albin debuxara un esbozo dun espécime vivo que pertencía a Duque de Chandos na súa casa de campo Cannons, que estaba localizada a uns 18 km ao noroeste de Londres preto de Edgware. O epíteto específico melanocephalus, melanocephala combina as raíces do grego antigo μελας/melas, μελανος/melanos que significa 'negro' e -κεφαλος/-kephalos que significa 'cabeza'. O tecelán de cabeza negra é agora unha das 67 especies situadas no xénero Ploceus que foi creado en 1816 polo naturalista francés Georges Cuvier.
Recoñécense cinco subespecies: P. m. melanocephalus (Linné, 1758) – Mauritania, Senegal, Gambia, Mali e Níxer P. m. capitalis (Latham, 1790) – de Guinea Bissau a Nixeria, norte do Camerún, suroeste de Chad e norte da República Centroafricana P. m. duboisi Hartlaub, 1886 – leste do Congo, sur da República Centroafricana e suroeste de Sudán ata o norte de Zambia P. m. dimidiatus (Salvadori & Antinori, 1873) – nordés de Sudán e oeste de Eritrea P. m. fischeri Reichenow, 1887 – leste da República Democrática do Congo, Uganda, oeste de Kenya, noroeste de Tanzania e norte de Zambia.
P. victoriae Ash, 1986 pénsase agora que é un híbrido entre P. melanocephalus e P. castanops.
Descrición
Os machos reprodutores teñen cabeza negra e un colar nucal amarelo, que está ausente nos tecedores Ploceus dichrocephalus e Ploceus jacksoni. Tamén difire desta última especie e do tecelán vilego pola súa plumaxe lisa e manto verdoso. A plumaxe da parte inferior do corpo é amarela clara e está tinguida cunha cantidade variable de cor castaña.
A femia e o macho non reprodutor carecen de cabeza negra e lembran as femias de Ploceus velatus, excepto en que teñen ollos escuros e bico máis escuro. A súa plumaxe do peito beixe tamén o distingue do Ploceus jacksoni non reprodutor.
Distribución e hábitat Atópase en África occidental, central e oriental, pero foi tamén introducido na Península Ibérica. Vive en sabanas e hábitats similares, normalmente preto da auga. Con frecuencia vive en árbores de Acacia de 3 m de altura para impedir a predación.
Galería
Notas
Categoría:Ploceidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné