miniatura|350x350px|Cidade Lineal. Bosquexo realizado por Arturio Soria. En urbanismo, denomínase cidade lineal ou cidade linear ao modelo de ordenación do territorio no que a distribución urbana estendíase coma unha cidade alongada construída a ambos os dous lados dunha rúa ou avenida central de 40 metros de largo, con vivendas a ambos os dous lados e con espazos naturais ou rurais aos lados.
Foi conceptualizada polo xeómetra, urbanista e teósofo español Arturo Soria, seguindo o lema "na Cidade Lineal, a cada familia unha casa, en cada casa unha leira e un xardín".
Presentado en 1885 e desenvolvido na súa primeira fase a finais do século XIX e principios do XX, o modelo lineal propoñía unha alternativa para desconxestionar os núcleos tradicionais das cidades e recuperar unha planificación urbana baseada na dignidade, o individualismo e o contacto coa natureza.
En Galicia A concepto de cidade lineal é unha ferramenta urbana de desenvolvemento organizado. Como tal, non existe ningunha cidade ou vila en Galicia planificada segundo os preceptos de cidade lineal. Porén, existen de facto diferentes vilas e entidades de poboación que se desenvolveron espontaneamente con estruturas moi semellantes. Isto é porque diferentes estradas, especialmente as estradas nacionais do Eixo Atlántico, propiciaron o desenvolvemento urbano ao seu carón. Así, barrios como Chapela, en Redondela, desenvolvéronse coa construción de da N-550, renomeada a esa altura coma avenida de Redondela; e outra estrada, a avenida de Vigo. Ás súas beiras, proliferaron edificios de varias alturas, cunha forte proliferación comercial. Tras destes edificios, persistiron pequenas casas, leiras de plantacións de monocultivo de subsistencia e pequenos negocios.
Outros exemplos de desenvolvemento práctico e non planificado de cidade lineal son O Porriño, Ordes, Monforte de Lemos, Narón ou Vilalba; ou os barrios de Teis ou Coruxo en Vigo, Arcade en Soutomaior e o barrio de Seixo en Marín.
Cidades aliñadas Malia non ser unha cidade lineal, o eixo ou corredor Atlántico que une Vigo e A Coruña (ou Ferrolterra para moitos outros autores) opera de xeito moi semellante no eido funcional ás cidades lineais. Máis que unha soa cidade, é un corredor urbano e económico que concentra a máis do 60 % da poboación de Galicia.
O Corredor Atlántico está lonxe de ser unha cidade lineal, pero porén, pódese describir como un continuo formado por Cidades Aliñadas, que, con boa accesibilidade e maior integración, poderían acadar a forza gravitacional suficiente para facerse sentir entre as principais áreas metropolitanas españolas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cidade xardín Plan Palacios Ligazóns externas
Categoría:Urbanismo