miniatura|Individuo novo que empeza a adquirir algunhas plumas vermellas na cabeza. O periquitón de cabeza vermella (Psittacara erythrogenys)DNA-sequence data require revision of the parrot genus Aratinga (Aves: Psittacidae) J.V. Remsen, Jr., Erin E. Schirtzinger, Anna Ferraroni, Luís Fábio Silveira & Timothy F. Wright é un periquito de tamaño mediano do Ecuador e o Perú. É popular como animal de compañía. Son tamén considerados mellores faladores que os papagaios.

Descrición Miden uns 33 cm de longo, do cal a metade é a cola. Son de cor verde intensa cunha cabeza principalmente vermella no cal é ben visible un alongado anel ocular claro; a caluga é verde. Ademais, as cobertoiras menores e medias de debaixo das ás son vermellas, e hai algo de vermello no pescozo, coxas e o bordo anterior das ás. Os individuos novos teñen unha plumaxe verde, ata que lles aparecen as primeiras plumas vermellas á idade de catro meses. A súa chamada é de dúas sílabas, áspera e alta.

Hábitat e distribución

Estas aves son nativas do suroeste do Ecuador e noroeste do Perú, onde viven principalmente en selvas e bosques caducifolios. Poden tamén prosperar en rexións semiáridas, así como en rexións suburbanas. Aínda que poden vivir ata os 2.500 m de altura sobre o nivel do mar, adoitan atoparse por debaixo dos 1.500 m. A súa ampla área de distribución e popularidade como mascotas contribúe á súa introdución con éxito noutras áreas despois da súa liberación, especialmente en áreas do sur e oeste dos Estados Unidos como aves ferais exóticas e tamén na Península Ibérica.

Poboacións ferais miniatura|No distrito financeiro de San Francisco. miniatura|Exemplares ferais en San Francisco, California.

As aves que escaparon das súas gaiolas son consideradas especies introducidas en España. Forman a maioría das poboacións ferais de aves en San Francisco, California, como se documenta no filme The Wild Parrots of Telegraph Hill de Judy Irving, baseado no libro do mesmo título de Mark Bittner."The Parrot Pages" - Mark Bittner 2008 Tamén foron introducidas en partes de Hawai. En California observáronse poboacións reprodutoras ferais en San Francisco, condado de San Diego, Os Ánxeles, val de San Gabriel, Sunnyvale, condado de Orange, Palo Alto e Long Beach. Estas aves ferais comen froitas e flores e nidifican en palmeiras.

Reprodución

Como media as postas son de tres ou catro ovos e a incubación é de 23 ou 24 días. Os niños adoitan facelos en cavidades das árbores e poden reproducirse con éxito en pequenos bosquetes de plantación ou mesmo en árbores illadas en bosques degradados. Os exemplares novos empluman aos 50 días adquirindo plumaxe verde.

Conservación Foi afectado polo comercio de mascotas. Por exemplo, nos Estados Unidos foi nalgún período o décimo periquito neotropical máis común importado, con case 26.000 exemplares desde 1981 a 1985.Inskipp, C., & Corigan, T. (1995). Red-masked Parakeet (Aratinga erythrogenys) and Grey-cheeked Parakeet (Brotogeris pyrrhopterus): two threatened parrots from Tumbesian Ecuador and Peru. Bird Conservation International, 5(3), 233–250. Esta ave era antes máis común na súa área limitada, e foi reclasificado pola IUCN desde ser antes unha especie en preocupación menor a ser case ameazada en 1994. Isto debeuse ao declive das poboacións debido ao comercio de mascotas local no Perú e Ecuador, o cal contribuíu á perda e fragmentación do hábitat.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Handbook of the Birds of the World Vol 4, Josep del Hoyo editor,

Categoría:Psitácidos Categoría:Aves de América Categoría:Animais descritos en 1844 Categoría:Taxons descritos por René Lesson