A freira de ás grandes (Pterodroma macroptera) é unha ave mariña procelárida que vive e se reproduce nos mares do sur.

Taxonomía Esta especie antes contiña dúas subespecies, P. m. macroptera e P. m. gouldi, esta última endémica de Nova Zelandia. En 2014, esta última foi recoñecida como especie de seu, co nome Pterodroma gouldi. En 2016 publicáronse máis investigacións que tamén apoiaban o seu novo status de especie.

Descrición É unha ave mariña grande, cunha lonxitude corporal de 42–45 cm. É completamente marrón escura excepto por unha mancha branca variable preto da base do bico, o cal é negro.

Distínguese da pardela escura e de Ardenna tenuirostris pola súa parte inferior das ás totalmente escura, o bico groso e forte, e o seu diferente aspecto xeral. A especie similar Ardenna carneipes ten bico rosado claro. Os petreis do xénero Procellaria son máis grandes e teñen un voo distinto.

Distribución A freira de ás grandes reprodúcese no hemisferio sur entre os paralelos 30° S e 50° S, con colonias en Tristán da Cunha, illa Gough, illas Crozet, illas Príncipe Eduardo, illas Kerguelen e nas costas do sur de Australia. É un vagante raro no océano Pacífico nas costas de California, Estados Unidos.

Ecoloxía Aliméntase principalmene de luras e en menor medida de peixes e crustáceos. Xeralmente captura as presas de noite, metendo o bico na superficie. En ocasións segue as baleas e asóciase con outras especies de aves relacionadas para alimentarse. A reprodución prodúcese no inverno do sur (empezando en abril); os niños poden ser solitarios ou en pequenas colonias, localizados en buratos ou na superficie entre penedos ou vexetación baixa.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía Harrison, Peter. Seabirds of the World: A Photographic Guide. Princeton University Press, Princeton, New Jersey, 1987, Marchant S, Higgins PJ (1990) Handbook of Australian, New Zealand & Antarctic birds, Volume 1, Part A: Ratites to Petrels, Vol. Oxford University Press, Melbourne

Ligazóns externas

, Translocation Example of the Great-Winged petrel /Oi.

Categoría:Proceláridos Categoría:Animais descritos en 1840