Mary Louise Foster, nada en Melrose o 20 de abril de 1865 e finada o 21 de xuño de 1960, foi unha bioquímica estadounidense, investigadora e educadora.
Traxectoria En 1920 ocupou o posto de directora no Instituto Internacional (International Institute for Girls in Spain), situado en Madrid. Foster permaneceu dous anos á fronte da institución, durante os cales mantivo unha relación con algúns membros da JAE e en especial con María de Maeztu, directora da Residencia de Señoritas. Fundou o Laboratorio Foster, encamiñado á adquisición de técnicas básicas no campo da química, e que viña paliar a ausencia de prácticas na universidade. O traballo que se realizaba nel era convalidado polos profesores de química de varias facultades até o doutoramento. Nos anos 30 as alumnas do catro cursos de Farmacia realizaban alí as prácticas de química. Desde 1920 até 1936 acolleu unha media de 30 alumnas por ano.
Por el pasaron científicas que traballaron no Instituto Nacional de Física e Química (INFQ), Dorotea Barnés,Oñoro, C. (2025). En el jardín de las americanas: Una historia transatlántica (1871-1936). Taurus. Felisa Martín Bravo ou Josefa González Aguado. O laboratorio recibiu o nome de Foster en 1928 na inauguración das novas instalacións que foron deseñadas de novo co apoio da propia Foster.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Alumnos do Smith College Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América