Óscar Freán Hernández, nado en Ourense en 1971, é un historiador e profesor galego.

Traxectoria Fixo os primeiros estudos no Colexio Padre Feijoo de Ourense. Doutor Europeo en Historia pola Universidade de Vigo coa tese El movimiento libertario en Galicia 1910-1936 (2003). Marchou a Francia en 2003 como lector da Université de Franche-Comté de Besançon. Dende 2005 foi Profesor titular de Civilización española nesa mesma universidade. Actualmente é catedrático de Historia Contemporánea de España na Université Lumière-Lyon-II.

Obras El movimiento libertario en Galicia 1910-1936. Ediciós do Castro, 2006. A revolución escrita. A prensa obreira galega (1866-1936). Université de Franche-Comté, 2013.A revolución escrita : A prensa obreira galega, 1866-1936 na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. A Coruña anarquista. Na procura do ideal de liberdade, 2017.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Grupo de Investigación de Historia del Anarquismo Transnacional (GIHAT). Vázquez, Marta (8/5/2023). De ampliar a súa formación en Francia a ser catedrático: «Teño un traballo que me gusta, aínda que foi a costa de emigrar» La Voz de Galicia.

Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores da Universidade de Lión Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1971