O Mount Holyoke College é unha universidade privada situada en South Hadley, Massachusetts, Estados Unidos. Foi a máis antiga institución de ensino superior dos Estados Unidos para mulleres o primeiro membro das Seven Sisters (en galego: Sete Irmás), as primeiras universidades dos Estados Unidos fundadas exclusivamente para mulleres, e serviu de modelo para varias outras universidades.
A escola foi fundada en 1837 por Mary Lyon como o Seminario Feminino Mount Holyoke. Ela foi considerada por moitos estudosos como unha innovadora no campo da educación das mulleres. A fundación do Seminario Feminino de Mount Holyoke formou parte dun importante movemento para crear institucións de educación superior para mulleres durante a primeira metade do século XIX. As contemporáneas de Lyon foron Sarah Pierce (Litchfield Female Academy, 1792); Catharine Beecher (Hartford Female Seminary, 1823); Zilpah P. Grant Banister (Ipswich Female Seminary, 1828); George Washington Doane (St. Mary's Hall, 1837, agora chamada Doane Academy). O Mount Holyoke Female Seminary abriu as súas portas ás estudantes o 8 de novembro de 1837.
Tanto o Vassar College como o Wellesley College apareceron despois de Mount Holyoke. Notas
Categoría:Universidades de Massachusetts