Raúl Marqueta Ribagorda, nado en Zaragoza o 5 de agosto de 1994, é un futbolista aragonés. Xoga de porteiro no Pontevedra CF.
Traxectoria Formouse na canteira do Valencia CF e do Real Murcia. Na tempada 2013-14 xogou na AD Almudévar de terceira división aragonesa, filial da SD Huesca. En 2014 fichou pola SD Compostela, e estivo dúas tempadas en segunda división B. En 2016 pasou a xogar no CD Ebro,, en 2017 no CF Badalona, e na tempada 2018-19 na UB Conquense, estes tres equipos tamén de segunda división B. Tras uns meses sen xogar, en 2020 pasou ao Casino SD Arzúa, da terceira división galega, e en 2021 fichou polo Ourense CF, co que acadou dous ascensos en catro tempadas, de terceira RFEF a primeira RFEF. En 2025 fichou polo Pontevedra CF, e no seu primeiro partido oficial co equipo granate meteu un gol.
Vida privada
Reside en Santiago de Compostela, onde ten unha clínica de fisioterapia coa súa parella.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en La Preferente
Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1994 Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Ourense CF