Inicialmente Chaise Longue B306, ou despois en 1964, Chaise Longue LC4, é unha chaise longue (ou cheslón) deseñada por Charlotte Perriand con Le Corbusier e o seu socio Pierre Jeanneret entre 1928 e 1929, como parte do estudo de Le Corbusier, situado no número 35 da rue de Sèvres, en París. Presente nas coleccións de varios museos a chaise longue B306/LC4 está considerada un obxecto de culto, un modelo icónico do mobiliario do século XX.

Notas

Categoría:Cadeiras