A freira da Trindade (Pterodroma arminjoniana) é unha especie de ave mariña da familia dos proceláridos. Mide uns 35-39 cm de lonxitude e ten unha envergadura de 88-102 cm.

Ten varios morfos de cor: escuro e claro e intermedios entre eses. Anteriormente, considerábase que dúas poboacións separadas que parecía formaban a especie eran conespecíficas, unha vivía ao sur do Pacífico, e víase ás veces en Hawai; a outra vivía no sur do Atlántico, nidificando no Brasil, con avistamentos regulares na zona da corrente do Golfo nas costas do sur dos Estados Unidos. As pouco coñecidas aves do Pacífico foron despois separadas e distinguidas como unha especie diferente denominada Pterodroma heraldica. Utiliza as illas oceánicas e atois, nidificando en saíntes de cantís, cristas ou ladeiras rochosas. Nalgunhas illas, as aves nidificantes está ameazadas por gatos ferais e ratas.

Debido á actual perda de hábitat e á súa pequena área de reprodución, esta especie foi avaliada como vulnerable na Lista Vermella da IUCN.

O seu nome específico lembra a Vittorio Arminjon, capitán do barco no que se recolleu o espécime que foi descrito.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "National Geographic" Field Guide to the Birds of North America Seabirds, an Identification Guide by Peter Harrison, (1983) Handbook of the Birds of the World Vol 1, Josep del Hoyo editor, "National Audubon Society" The Sibley Guide to Birds, by David Allen Sibley,

Ligazóns externas Folla de datos da especie en BirdLife

Categoría:Proceláridos Categoría:Animais descritos en 1869