As linguas históricas son linguas que foron faladas durante un período histórico, mais que se diferencian das súas variantes actuais. Trátase, pois, de formas lingüísticas do pasado que quedaron rexistradas e evolucionaron co tempo. Xa que logo, diferéncianse das linguas mortas, que se extinguiron. Tamén se distinguen das linguas reconstruídas, como o indoeuropeo, que resultan das investigacións en lingüística teórica. Unha aproximación á definición e uso deste concepto foi implementada no estándar ISO 639.

ISO 639 A Organización Internacional para a Estandarización (ISO, polas súas siglas en inglés) publica e mantén estándares para as linguas. O ISO 639-3 inclúe o tipo H para as linguas históricas, como parte dunha clasificación quíntupla. Para alén das linguas históricas, esta tipoloxía inclúe as linguas vivas (con falantes activos), extintas (cuxos derradeiros falantes morreron nos últimos séculos), antigas (cuxos derradeiros falantes finaron hai máis dun milenio) e artificiais.

O inglés antigo é un exemplo de lingua histórica, que ten o código ISO 639 ang. Outro criterio para as linguas históricas é a posesión dunha literatura distintiva. Así, o Beowulf e outras obras da literatura anglosaxoa constitúen un corpus de materiais propio do inglés antigo.

Categoría:Lingüística