Braganza (en portugués: Bragança) é un distrito do nordeste de Portugal, pertencente á provincia tradicional de Tras os Montes e Alto Douro. Limita ao norte coas provincias de Ourense e Zamora, ao leste coas provincias de Zamora e Salamanca, ao sur co distrito da Guarda e co distrito de Viseu, e ao oeste co distrito de Vila Real. Ten unha área de 6.608 km² (5º maior distrito portugués). Poboación residente (2001): 148.808 habitantes. Capital de distrito: Braganza.
Turismo O distrito de Braganza integra en pleno a Rexión de Turismo do Nordeste Transmontano
Subdivisóns O distrito de Braganza subdivídese nos seguintes 12 municipios: Alfândega da Fé Braganza Carrazeda de Ansiães Freixo de Espada à Cinta Macedo de Cavaleiros Miranda do Douro Mirandela Mogadouro Torre de Moncorvo Vila Flor Vimioso Vinhais
Na actual división principal do país, o distrito encóntrase integrado na Rexión Norte e dividido en dúas subrexións, ambas integrando tamén concellos doutros distritos: Alto Trás-os-Montes e Douro.
Notas
Véxase tamén