Braganza (Bragança en portugués, Bergancia en mirandés) é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Braganza, Rexión Norte e subrexión do Alto Tras-os-Montes, con 35.341 habitantes (2011).
É sede dun dos municipios portugueses con maior superficie, con 1.173,93 km² de área, subdividido en 49 freguesías. O municipio limita no norte e leste con España (provincias de Ourense e Zamora), polo sueste co concello de Vimioso, no suroeste co de Macedo de Cavaleiros e no oeste co concello de Vinhais.
Historia En orixe Braganza foi unha localidade prerromana denominada Bracara. Coa romanización quedou incluída no convento de Bracara Augusta. Foi soar da importante Casa de Braganza, que formou a dinastía real de Portugal entre 1640 e 1910 e a imperial do Brasil de 1822 a 1889. Braganza conserva aínda o seu castelo medieval (erguido en 1187).
Como sé episcopal -aínda que tardía como tal-, Braganza converteuse na capital histórica da vella provincia dos Tras-os-Montes.
Patrimonio Castelo de Braganza Domus Municipalis, o único edificio románico civil da Península Ibérica.
Freguesías As parroquias do concello de Bragança son: Alfaião Aveleda Babe Baçal Calvelhe Carragosa Carrazedo Castrelos Castro de Avelãs Coelhoso Deilão Donai Espinhosela Faílde França Gimonde GondesendeGuadramil Gostei Grijó de Parada Izeda Macedo do Mato Meixedo Milhão Mós Nogueira Outeiro Parada Paradinha Nova Parâmio Pinela Pombares Quintanilha Quintela de LampaçasRabal Rebordainhos Rebordãos Rio de Onor Rio Frio Salsas Samil Santa Comba de Rossas Santa Maria, Braganza São Julião de Palácios São Pedro de Sarracenos Sé, Braganza Sendas Serapicos Sortes Zoio
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web da Cámara Municipal de Bragança
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Braganza