miniatura|320x320px|Fachada do edificio do Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid.
A incautación de moedas do Museo Arqueolóxico Nacional de España foi a requisición da colección de moedas de ouro do Museo Arqueolóxico Nacional, así como doutras pezas, entre elas o coñecido como Tesouro dos Quimbayas, realizada entre o 4 e o 5 de novembro de 1936, ordenada en plena guerra civil española polo Goberno da Segunda República Española, cando parecía que Madrid estaba a piques de caer nas mans do bando sublevado encabezado polo xeneral Franco e o Goberno republicano se trasladara a Valencia.
A requisición foi realizada a punta de pistola, segundo as testemuñas presenciais, pola Garda Nacional Republicana —nome naquela época da Garda Civil— e por milicianos, cumprindo as ordes do Goberno, sen que se realizase rexistro documental ningún.
Transferida en circunstancias pouco claras do Ministerio de Instrución Pública ao Ministerio de Facenda, en 1939 a colección íntegra pasou a formar parte do tesouro do iate Vita, que fretara o dirixente socialista Juan Negrín, do cal se apoderou Indalecio Prieto á súa chegada a México, e cuxo destino xamais se aclarou.Rosal, A. del (1977). Olaya Morales, F. (2004-a-). Páxinas 311-335.Olaya Morales, F. (204-b-). Páxinas 69-80.
Ao termo da guerra, recuperouse unicamente o tesouro dos Quimbayas, depositado en Suíza xunto con outros tesouros artísticos procedentes do Museo do Prado. O feito constituíu unha "verdadeira catástrofe para a numismática nacional", en palabras do daquela conservador do Gabinete Numismático, Felip Mateu i Llopis, e unha gran perda para o patrimonio cultural e artístico de España.
Agás algunhas novas recompiladas por Carmen Alfaro Asins, o episodio pasou desapercibido na historiografía sobre a guerra civil ata ser estudado en detalle en 2008 por Martín Almagro Gorbea, anticuario perpetuo da Real Academia da Historia, quen cualificou a operación de verdadeiro roubo do Patrimonio Nacional, por terse feito baixo ameaza, sen control documental e á marxe da legalidade, para beneficio dalgúns políticos da elite republicana.Almagro Gorbea, M. (2008). Páxinas 47-50.
Historia
A incautación Logo da creación da Xunta de Incautación e Protección do Patrimonio Artístico, e por consecuencia do achegamento dos sublevados a Madrid, a Biblioteca e o Museo Arqueolóxico Nacional foron pechados e ficaron baixo control das milicias e a Garda Nacional Republicana o 2 de outubro de 1936. Todos os seus funcionarios foron detidos, e o secretario, Ricardo Aguirre Martínez-Valdivieso, fusilado sumariamente.Almagro Gorbea, M. (2008). Páxina 12.
O 4 de novembro de 1936, xusto antes de que o Goberno republicano se trasladase a Valencia ante a previsible caída de Madrid —que finalmente non se produciu—, presentouse no museo o subsecretario do Ministerio de Instrución Pública, Wenceslao Roces, acompañado dun representante da Xunta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesouro Artístico de Madrid, Antonio Rodríguez Moñino, e algúns gardas nacionais republicanos e milicianos. O director, Francisco Álvarez-Ossorio, e o conservador do gabinete numismático, Filip Mateu i Llopis, recibiron orde gobernamental de entregarlle ao Ministerio os tesouros e os obxectos máis importantes de ouro e prata, moi sinaladamente a colección de moedas. O persoal do museo intentou resistirse e executou a orde con toda a lentitude que puido, e agochando parte da colección, con grave risco persoal.García Calero, J. (2014).
As moedas foron incautadas sen se realizar unha relación detallada, senón que simplemente se contaron e se pesaron por series, e logo introducíronse en sacos, malia a reiterada solicitude de Mateu de que se realizase o inventario completo, o cal impediu Rodríguez Moñino. O labor, suspendido de madrugada, concluíu o día seguinte. Wenceslao Roces rompeu a acta de incautación, máis detallada, e fixo un simple recibo polas moedas ao peso.Almagro Gorbea, M. (2008). Páxina 72.
As moedas de ouro incautadas foron, en total, 2.796: 58 gregas, 830 romanas, 297 bizantinas, 322 visigodas, 585 árabes, 94 españolas medievais e modernas, 111 francesas e portuguesas, 432 estranxeiras sen determinar, e 69 medallas, cun peso total de 15.908 gramos, sen contar as 242 moedas árabes e as 322 visigodas, que non se pesaron.Almagro Gorbea, M. (2008). Páxinas 58-59.
Destino das moedas incautadas As moedas saíron ese mesmo día cara a Valencia —a nova capital da República—, onde ficaron depositadas nas Torres de Serranos ata mediados de 1937, cando foron trasladadas a Barcelona —nova sede do Goberno republicano— xunto con outros moitos bens incautados, pasando a depender da Caixa Xeral de Reparacións.
Cando se iniciou a ofensiva de Cataluña en decembro de 1938 —Barcelona foi tomada polas forzas franquistas a finais de xaneiro de 1939— as moedas foron enviadas ao castelo de Figueres, e cando toda Cataluña foi ocupada polos sublevados e o presidente da República e o Goberno republicano cruzaron a fronteira con Francia, foron enviadas a París, onde se fixo cargo delas o ministro de Facenda, o galego Francisco Méndez Aspe, nun momento —o dos derradeiros meses de guerra— en que o Goberno republicano actuaba cunha opacidade que o historiador libertario Francisco Olaya Morales chegou a considerar como ilegalidade.Olaya Morales, F. (204-b-). Páxinas 37-41. Distintos autores denunciaron a caótica e irresponsable xestión do Patrimonio Nacional por parte do Goberno frontepopulista naqueles días.Azaña, M. (1978). Páxinas 442-443.Madariaga, S. de (1979). Páxina 422.Fernández Pardo, F. (2007). Páxinas 43-150.Saavedra Arias, R. (2009).
Posteriormente, as coleccións de moedas embarcáronse no iate Vita con destino a México. Alí fíxose cargo delas Indalecio Prieto, principal responsable do exilio republicano naquel país e enfrontado ao presidente do Goberno republicano, o tamén socialista Juan Negrín. Daquela perdeuse a pista das moedas, sen que xamais se chegase a aclarar o seu destino posterior. Ningún dos responsables quixo nunca dar conta dos feitos.Fernández Amil, I. (2024). "El otro 'oro de Moscú': la desconocida historia de El Vita, el yate que se llevó el tesoro español de la Segunda República a México y desapareció". En El Español. 25 de novembro.
Presumiblemente, algunhas das moedas foron adquiridas pola Hispanic Society of America, cuxa colección completa foi vendida nunha poxa que tivo lugar en 2011,"La Hispanic Society de Nueva York se deshace de su monetario". Panoramanumismatico.com e unha parte regresou de volta a España a través da casa de poxas numismáticas de Jesús Vico."Exclusiva: Jesús Vico SA subastará parte del monetario de la HSA". Panoramanumismatico.com
Con respecto ao tesouro dos Quimbayas, foi parar a Xenebra, xunto cos cadros do Museo do Prado, e ao termo da guerra foi reclamado polo Goberno franquista, que logrou a súa devolución a España. En 1941 pasou a estar adscrito ao daquela acabado de crear Museo de América, aínda que, na práctica, ata 1994 permaneceu na cámara acoirazada do Banco de España, en tanto que se expuñan no devandito museo reproducións en bronce dourado.Riaño, P. H. (2017). "El misterio del falso tesoro de oro guardado en una cámara acorazada del museo". En El Español. 22 de outubro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Almagro Gorbea, M. (2008). «El expolio de las moedas de oro del Museo Arqueológico Nacional en la Segunda República española». En Boletín de la Real Academia de la Historia. 205-1. Páxinas 7-72. Azaña, M. (1978). Memorias de Guerra. Grijalbo, Barcelona. Fernández Pardo, F. (2007). Dispersión y destrucción del patrimonio artístico español, vol. V, desde la Guerra Civil a nuestros días (1936-2007). Madrid: Pórtico. ISBN 9788473926584. Gracia, F.; Munilla, G. (2014). El tesoro del “Vita”. la protección y el expolio del patrimonio histórico-arqueologico durante la Guerra Civil. Universitat de Barcelona. ISBN 9788447537617 García Calero, J. (2014). "La noche más triste del expolio de las monedas del Museo Arqueológico en 1936". En ABC. 24 de marzo. Madariaga, S. de (1979). España, ensayo de historia contemporánea. Espasa Calpe, Madrid. Olaya Morales, F. (2004-a-). El expolio de la República. De Negrín al Partido Socialista, con escala en Moscú: el robo del oro español y los bienes particulares. Belacqua, Barcelona. ISBN 84-95894-83-1 Olaya Morales, F. (204-b-). La gran estafa de la Guerra Civil: la historia del latrocinio socialista del patrimonio nacional y el abandono de los españoles en el exilio. Belacqua, Barcelona. ISBN 84-96326-09-8 Rosal, A. del (1977). El oro del Banco de España y la historia del Vita. Grijalbo, Barcelona. ISBN 84-253-0768-6 Saavedra Arias, R. (2009). «El patrimonio artístico español en 1939: ¿cambio de rumbo en la política cultural republicana?». En TZINTZUN, Revista de Estudios Históricos. 50. Páxinas 129-154.
Outros artigos Guerra civil española Museo Arqueolóxico Nacional de España Ouro de Moscova
Ligazóns externas
«El Museo Arqueológico Nacional. Saqueo de su monetario y del Tesoro de los Quimbayas. Las demás colecciones, salvadas». ABC, 20 de maio de 1939. Páxina 27. «Hay un arte salvado, pero otros patrimonios históricos y artísticos fueron robados y quemados». Info en Punto, 27 de xaneiro de 2010. «La noche más triste de la numismática española». Panoramanumismático.com. 10 de abril de 2014
Categoría:Museo Arqueolóxico Nacional de España Categoría:Guerra civil española Categoría:Segunda República Española Categoría:Moedas de ouro