O Acueducto de los Milagros (en galego: Acueduto dos Milagres) é unha construción de enxeñaría civil para transportar auga para abastecer a cidade romana de Emerita Augusta, actual cidade de Mérida en Estremadura, España. Emerita Augusta foi a capital da provincia Lusitania no Imperio Romano durante o século I, e permaneceu en uso durante varios séculos.

En 1912, foi declarado Monumento Nacional. Forma parte do Conxunto arqueolóxico de Mérida, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1993.

Datación Durante moito tempo, estableceuse unha relación entre este acueduto e o Encoro de Proserpina, situado a cinco quilómetros da vila e coincidente co trazado do encoro. Estudos posteriores descubriron tramos do acueduto que aumentan considerablemente a súa lonxitude e o sitúan por riba de Proserpina, mentres que se descubriron evidencias da construción do encoro que non coinciden coa época romana.El abastecimiento de agua a Mérida en época romana ¿Un insólito paradigma? (charla completa) Medio: Canal de youtube del Consorcio de la Ciudad Monumental de Mérida (Oficinas) Autor: Santiago Feijoo Martínez Fecha: 18 de outubro de 2023. Time code: 51:00 A parte máis rechamante e coñecida da infraestrutura, os arcos que xa se atopan preto da cidade, teñen como característica construtiva o uso de ladrillo de arxila cocida, un dos ladrillos foi datado por termoluminescencia no ano 290, durante a época de Diocleciano, e crese que reconstruíuse nese momento, substituíndo un sistema de sifóns que xa desaparecera.Los acueductos de Augusta Emerita Medio: Canal de Isaac Moreno Gallo en Youtube Autor: Isaac Moreno Gallo Fecha: 23 de xullo de de 2023

A posible orixe dataría aproximadamente durante a época da dinastía Xulio-Claudia ou da familia Flavia. A cidade romana contaría con tres acuedutos anteriores que proporcionaban auga á poboación. Non obstante, diferentes estudos non puideron aclarar a data da obra nin as etapas da súa construción.

Un controvertido estudo da Universidade Autónoma de Madrid publicado polo xornal El País, cuestiona esta data e adiántaa ao século IV ou século V, o que o convertería en visigodo, e con influencia na súa construción do Imperio Bizantino. Este estudo foi rexeitado, entre outros, polo alcalde do concello de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna.

Características arquitectónicas A función principal deste acueduto era abastecer de auga o lado oeste da cidade.Roger Collins. Spain: An Oxford Archaeological Guide, p. 195, 199. Oxford University Press, 1998. O punto de recollida de auga, ou "caput aquae", estaba situado no encoro de Proserpina, de onde procedía unha tubaxe que serpenteaba ao longo de 10 ou 11 quilómetros.

A tubaxe serpentea baixo terra, seguindo a liña de contorno cunha lixeira pendente. Trátase principalmente dunha galería subterránea escavada en rocha viva, agás as pasaxes sobre algúns regatos, que están atravesadas por pequenos arcos elevados. O arco máis famoso está situado ao final da condución, onde este cruza o río Albarregas. Para este fin, houbo que construír unha serie de piares ("arcuationes"), que constitúen a parte máis rechamante. O acueduto remataba ao entrar na cidade no punto máis alto do outeiro do Calvario, onde aparecía un ninfeo dentro das murallas como terminal monumental (tradicionalmente chamado castellum aquae), aínda que debeu estar situado nas proximidades).

Este último tramo de arcos superpostos esténdese 830 metros, alcanzando unha altura de 25 metros na parte máis profunda do val do río Albarregas. A estrutura deste tramo é característica de Mérida. Está composto por robustos piares, con cinco fileiras de perpiaños de granito alternadas con cinco fileiras de ladrillo, o que lle dá unha peculiar elegancia coa mestura das dúas cores, a do granito e o vermello intenso do ladrillo. Arcos a diferentes alturas conectan os piares, cuxo núcleo está feito de opus caementicium. Os arcos de conexión son de ladrillo, agás o que atravesa o leito do río, que ten dovelas de granito moi ben elaboradas. Aínda quedan 73 piares que permanecen máis ou menos deteriorados.

Dise popularmente que o seu nome, Acueduto dos Milagres, débese ao asombro xeral por ter resistido tantos séculos coma se fose un milagre divino."Study for the determination of the pathologies in the constituent materials of the Milagros Aqueduct (Mérida)", J.M. Ávila Macías, M.I. Mota López, I. Rodríguez Maribona, in Heritage, Weathering and Conservation: Proceedings of the International Heritage, Weathering and Conservation Conference (HWC-2006), 21-24 June 2006, ed. Álvarez De Buergo. Taylor & Francis, 2006.

Nas inmediacións, unha pequena ponte chamada Ponte Romana de Albarregas corre paralela aos arcos do acueduto.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Conxunto arqueolóxico de Mérida

Ligazóns externas

Categoría:Conxunto arqueolóxico de Mérida Categoría:Patrimonio da Humanidade en Estremadura