Javon Anthony Jackson, nado en Carthage (Missouri) o 16 de xuño de 1965 é un saxofonista tenor e compositor de jazz.

Traxectoria O saxofonista tenor e pedagógo Javon Jackson medrou na cidade de Denver, dirixe actualmente o Jackie McLean Institute of Jazz Studies da Hartt School na Universidade de Hartford, en Connecticut.

Jackson estableceu relacións con numerosas figuras do jazz na súa carreira como Sonny Rollins e co finado Charlie Hadens. E fixo un loable esforzo por traer a varios artistas e intérpretes para falar cos seus alumnos no Instituto McLean.

Foi así como coñeceu á célebre poeta Nikki Giovanni, e a súa aparición na escola serviu de inspiración para o novo e sentido álbum de Jackson, "The Gospel According to Nikki Giovanni" (O Evanxeo segundo Nikki Giovanni).

Con 23 discos como líder de banda curou unha mistura de tradición e neo-jazz, o seu jazz catalógase como música fusión entre o hard bop con influencias de soul e funk.

Na súa carreira destaca a entrada no cine como actor intérprete de Illinois Jacquet na película Malcolm X de Spike Lee.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Zoot Allures, canción orixinal de Jackson do ano 1996, en youtube

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Saxofonistas de jazz Categoría:Saxofonistas dos Estados Unidos de América