Sander canadensis é unha especie de peixe de auga doce perciforme da familia Percidae que vive en América do Norte, parecido ao seu parente Sander vitreus.Jaeger, Matthew. 2004. Montana's Fish Species of Special Concern: Sauger. Montana Cooperative Fisheries Research Unit. http://www.fisheriessociety.org/AFSmontana/SSCpages/Sauger%20Status.htm. (consultado en maio de 2011). É a especie de pércido máis migratoria de América do Norte.Kuhn et al. 2008. Habitat Use and Movement Patterns by Adult Saugers from fall to Summer in an Unimpounded Small-River System. North American Journal of Fisheries Management. 28: 360–367. American Fisheries Society. 2008. Teñen dúas aletas dorsais; a primeira é espiñenta e a dorsal posterior ten raios brandos. As súas aletas pares están en posición torácica e a aleta caudal é truncada, o cal significa que é cadrada nas esquinas, unha característica da familia Percidae. Outra característica física é que ten escamas ctenoides, que son comúns en peixes avanzados. A estrutura do corpo é fusiforme e como resultado están ben adaptados á predación e poden nadar en correntes rápidas ofrecendo unha resistencia mínima. Poden distinguirse dos S. vitreus pola súa aleta dorsal con manchas ben visibles, pola ausencia de mancha branca na aleta caudal, pola pel forte e rugosa sobre as branquias, e pola súa cor bronce xeralmente máis intensa, ou máis escura (case negra) nalgunhas rexións. Os exemplares capturados adoitan pesar de 300 a 400 g.

Distribución Están amplamente distribuídos nos Estados Unidos e o Canadá; a súa distribución histórica comprendía o leste dos Estados Unidos ao oeste dos Montes Apalaches, principalmente o sur, centro e oeste dos Estados Unidos, e cara ao norte ata o sur do Canadá. A súa distribución diminuíu despois debido á degradación e fragmentación do hábitat. O territorio que ocupa dentro da súa área de distribución varía coa época do ano porque son migratorios. Son máis típicos en ríos, mentres que os S. vitreus son máis comúns en lagos e encoros. En moitas partes da súa área de distribución son simpátricos cos S. vitreus. De feito, coñécense casos de hibridación entre ambos; os híbridos mostran características de ambas as especies, razón pola cal son ás veces difíciles de distinguir, pero xeralmente teñen as manchas escuras características de S. canadensis. Porén, S. canadensis adoita ser máis pequeno e tolera mellor as augas de maior turbidez que S. vitreus. Cómprelles tamén unha temperatura da auga no verán máis cálida de 20-28 °C. A súa necesidade de auga cálida pénsase que afecta aos límites norte e oeste do seu rango.

Reprodución e ciclo vital Xeralmente trasládanse río arriba para desovaren de marzo a maio, dependendo de onde se encontran. Desprázanse corrente abaixo aos lugares onde normalmente viven de abril a xullo despois de rematado o seu período de desova. Viaxan entre 10 e 600 km desde onde viven ata onde desovan. Os hábitats dos sitios de desova son menos complexos e diversos que os lugares de habitación. As femias prefiren substratos rochosos e lagoas para depositaren os ovos. A medida que as femias aumentan en lonxitude, aumentan a calidade dos seus ovos e a fecundidade, mais a produción de ovos pénsase que diminúe aos seis anos.Graeb, Brian D.S., Mark A. Kaemingk, David W. Willis. 2007. Early Life History of Sauger in Missouri River Reservoirs. Department of Wildlife and Fisheries Sciences. Brookings, SD. A madureza sexual chega entre os 2 e 5 anos de idade. Outras medidas de madureza sexual están relacionadas co tamaño. Considéranse adultos cando chegan a 25-300 mm. Despois da eclosión, as crías van á deriva augas abaixo antes de desenvolveren tendencias de busca de alimento e manobrabilidade horizontal. Os xoves tenden a desenvolverse en canles de desviación e relanzos ata o outono, cando migran río arriba ao seu hábitat de inverno. A súa estadía en canles de desviación é unha gran causa de mortalidade para os xoves.

Dieta Aliméntanse dunha gran variedade de invertebrados e pequenos peixes dependendo da época do ano e do tamaño que teñan. Os peixes Ictalurus punctatus e Aplodinotus grunniens son a principal comida para os S. canadensis de mediano (300–379 mm) e gran (>379 mm) tamaño durante a primavera. A dieta dun S. canadensis pequeno (200–299 mm) é lixeiramente diferente da dos individuos máis grandes. Os máis pequenos xeralmente comen invertebrados bntónicos, larvas de efémeras e siluriformes durante a primavera e verán. Os de tamaño medio e grande aliméntanse maiormente de peixes de primavera a outono, pero a súa dieta altérase durante o verán, período no que se alimentan predominantemente de larvas de efémeras. Os peixes Aplodinotus grunniens e Dorosoma cepedianum son as fontes principais de alimento para os S.canadensis de todos os tamaños no outono. Os peixes son o 99 % do alimento que inxiren no outono. Tamén depredan algúns pequenos ciprínidos prateados durante a primavera e verán, pero non supoñen unha parte significativa da súa dieta. Estes ciprínidos están ausentes da súa dieta en outono probablemente pola súa menor dispoñibilidade.Wickstrom, Gerald A. 2006. Seasonal Distribution, Movement, and Food Habits of Walleye and Sauger in Lewis and Clark Lake. South Dakota Department of Game, Fish & Parks. Chamberlain, South Dakota.

Hábitat Atópanse máis frecuentemente en grandes ríos con pozas profundas (profundidades de máis de 0,6 m). Encóntranse cunha diversidade de hábitats debido ás súas tendencias migratorias. Atópanse xeralmente en ríos naturais porque son máis abundantes en pozas e o seu fluxo non foi alterado por encoros ou desviacións. Son tamén comúns en sistemas de ríos represados. As canles de desviación e os encoros afectan o hábitat e áreas de desova destes peixes. Encóntranse usualmente en áreas con alta turbidez, de pendente da canle baixa, velocidade da corrente baixa, e augas profundas. Adoitan seleccionar pozas con area e substratos limosos, e coas características que proporcionen protección da corrente do río. Evitan rápidos e zonas axitadas. É común atopalos en pozas e lagoas de polo menos 1,5 m de profundidade, pero poden tamén atoparse nas de pouca profundidade, aínda que en menor número. Non hai diferenzas en preferencia de hábitat entre machos e femias. O número de exemplares observado increméntase coa temperatura media da auga no verán, profundidade da auga máxima e alcalinidade.

Taxonomía

Xunto co S. vitreus, esta especie forma o clado norteamericano do xénero Sander, e pénsase que a especiación do S. canadensis na súa forma moderna produciuse hai uns 7,3 millóns de anos. Foi descrito formalmente por primeira vez co nome Lucioperca canadensis en 1834 polos naturalistas e exploradores británicos Edward Griffith (1790–1858) e Charles Hamilton Smith (1776–1859) baseándose nos traballos do anatomista e naturalista francés Georges Cuvier (1769–1832)Eschmeyer, William N.; Fricke, Ron & van der Laan, Richard (eds.). "Lucioperca canadensis". Catalog of Fishes. California Academy of Sciences. Consultado o 16 de setembro de 2020. que Griffith traduciu do francés. Outro sinónimo foi Stizostedion canadense.

Conservación miniatura|Exemplar capturado no río Yellowstone.

Esta especie enfróntase a moitos problemas de conservación debido ás barreiras migratorias que encontra, perda de hábitat, entrada en canles de irrigación e sobrepesca. Os encoros e canles de desviación impiden que chegue aos seus hábitats de desova río arriba. A alteración do fluxo dos ríos afecta a turbidez, formación de pozas e lagoas e a temperatura, todo os cal é importante para a sincronización e éxito da desova. As migracións longas son a principal razón pola que este peixe ten grandes dificultades en sistemas fluviais represados ou desviados. Os niveis de auga baixos en períodos de seca son os máis prexudiciais para as poboacións desta especie porque deixan os ovos varados durante a desova e impiden que as crías cheguen ás súas localizacións habituais augas abaixo. Prodúcense altas taxas de mortalidade durante a desova relacionadas coa degradación e fragmentación dos sistemas fluviais. As taxas de mortalidade en outono están relacionadas coa explotación da especie polos pescadores.

Están en perigo crítico no estado de Nova York, no que aínda permanece unha pequena poboación no lago Champlain. Foron erradicados do lago Erie despois da caída da poboación na década de 1950, igual que do lago Ontario. As poboacións do río Allegheny non poden chegar a Nova York por culpa do encoro Kinzua, o cal motivou a iniciación dun programa de cría no curso superior do río Allegheny. En 2022, a pesca desta especie en Nova York estaba totalmente prohibida en todo o estado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Información de Fishbase Kansas Department of Wildlife and Parks Montana Fish, Wildlife and Parks Lake-Link.com Sauger Fishing in the Tennessee Valley Saugeye

Categoría:Pércidos Categoría:Peixes de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1834