Pompeo Luigi Coppini, nado en Moglia, Italia, o 19 de maio de 1870, e finado en San Antonio, Texas, o 26 de setembro de 1957, foi un escultor e deseñador de moedas italo-estadounidense.

Aínda que as súas obras se poden achar en Italia, México e varios estados dos Estados Unidos, a súa maior parte concéntrase en Texas. É especialmente coñecido pola súa obra na praza do Álamo de San Antonio, Spirit of Sacrifice, tamén coñecida como The Alamo Cenotaph, así como por numerosas estatuas na honra de persoeiros texanos.

Traxectoria

Primeiros anos en Italia Pompeo Luigi Coppini naceu na vila mantuana de Moglia o 19 de maio de 1870,Smith, P. (2012). fillo de Leandra Raffa e de Giovanni Coppini. A súa familia mudouse a Florencia, onde Pompeo pasou a súa infancia; alí acadou o seu primeiro traballo, construíndo asubíos de cerámica con forma de cabalo. Durante un tempo traballou tamén para un escultor que facía réplicas de grandes obras de arte para os turistas e mesmo chegou a abrir un estudio propio, que tivo unha vida efémera, onde elaboraba bustos de celebridades locais.Harrigan, S. (1984).

En Florencia, aos 16 anos ingresou como estudante na Accademia di Belle Arte,LaGumina, S. J. et al. (2000). na que se graduou en 1889,Troesser, J. "Pompeo Luigi Coppini (1870-1957)". Texas Escapes Online Magazine (Texasescapes.com). e tamén se formou co escultor Augusto Rivalta.Remy, C.; Levering, J. L.; Branda, E. S. "Pompeo Coppini: Renowned Sculptor and His Legacy in Texas". Texas State Historical Association (Tsaonline.org).

Entre 1889 e 1892 fixo o seu servizo militar na Armada italiana.

O 5 de marzo de 1896, aos seus 25 anos, Coppini emigrou aos Estados Unidos, nunha situación económica precaria e descoñecendo o idioma inglés.

Emigración aos Estados Unidos Á súa chegada aos Estados Unidos conseguiu un traballo en Nova York esculpindo figuras para un museo de cera. Nesa cidade contraeu matrimonio en 1898, e de camiño acadou a cidadanía estadounidense, en 1902.

En novembro de 1901 trasladouse a Texas para se facer cargo das súas primeiras encargas como escultor, xa que o escritor e avogado Francis Scott Key lle encomendou modelar alí estatuas de Jefferson Davis e doutros persoeiros para o monumento aos Confederados (1901-1903) que logo se ergueu nos terreos do Capitolio en Austin. Nesta etapa texana, que se alongou durante quince anos, Coppini residiu e traballou na cidade de San Antonio. Alí sucedéronse as encargas de traballos, e entre as súas obras máis representativas cabe citar unha estatua de Rufus C. Burleson na Universidade Baylor en Waco (1903); os bustos de Albert Sydney Johnston, Robert E. Lee, Jefferson Davis e Stonewall Jackson para o monumento confederado de Paris, Texas (1903); unha estatua colectiva titulada As vítimas da inundación de Galveston (1903-1904); o monumento funerario a Sam Houston en Huntsville (1910); unha estatua ao soldado confederado en Victoria (1911) ou as sete estatuas de bronce ao longo do paseo sur dos terreos da Universidade de Texas en Austin, entre outras moitos traballos. Neses anos, non só creou as súas obras en Texas; un dos seus traballos máis coñecidos é a estatua de George Washington na Cidade de México (1911).

En 1916, Coppini trasladouse inicialmente a Chicago e tres anos máis tarde a Nova York para facilitar a produción da obra Littlefield Fountain Memorial (1920-1928), que se lle encargara para a Universidade de Texas en Austin. Tanto neste como noutros proxectos importantes contou coa colaboración da escultora Waldine Tauch (1892-1986), que comezara a formarse con el en 1910. A partir dese momento, a súa colaboración artística foi constante, e mesmo Coppini e a súa esposa chegaron a acoller a Tauch como filla adoptiva.

miniatura|esquerda|Spirit of Sacrifice ou The Alamo Cenotaph (1939), San Antonio, Texas.

A vinculación artística de Coppini con Texas seguiu durante toda a súa vida. En 1937 volveu a San Antonio e estableceu alí un estudio, para traballar nel nunha importante encarga para o Centenario da Independencia de Texas: Spirit of Sacrifice, tamén coñecida como The Alamo Cenotaph (1937-1939), na praza do Álamo, en San Antonio. Esta non foi a única encarga escultórica que tivo Coppini en relación co aniversario de Texas; ocupouse tamén das estatuas de bronce de Stephen F. Austin, Thomas J. Rusk, William B. Travis, James W. Fannin, Mirabeau B. Lamar e Sam Houston (1935-1936) para o Edificio Estatal de Texas en Dallas.

Á parte da súa actividade como escultor, cómpre salientar unha obra pola que Coppini foi moi recoñecido, o deseño e gravado dunha moeda de medio dólar conmemorativa do centenario da independencia de Texas, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1934 e 1938.Ao longo da súa traxectoria como artista, Coppini foi o creador de trinta e seis monumentos públicos, dezaseis estatuas de retrato e arredor de setenta e cinco bustos de retrato nos Estados Unidos. En recoñecemento desta prolífica actividade creadora, Pompeo Coppini foi condecorado en 1931 co título de comendador da Coroa de Italia, e en 1941 a Universidade Baylor outorgoulle un doutoramento honorífico en Belas Artes.

Entre 1943 e 1945 Coppini foi director do departamento de Arte da Trinity University de San Antonio. En 1945, el e Tauch fundaron na mesma cidade a daquela chamada Classic Arts Fraternity, que a partir de 1950 pasou a chamarse Coppini Academy of Fine Arts.

En 1949, Coppini publicou unha autobiografía titulada From Dawn to Sunset.Coppini, P. (1949). From Dawn to Sunset. Press of The Naylor Company, San Antonio.

Vida persoal Pompeo Luigi Coppini era masón do grao 32 e membro da Orde Shriner. Casou o 27 de febreiro de 1898 con Elizabeth di Barbieri (1875-1957),"Pompeo Coppini". Findgrave.com"Pompeo Luigi Coppini". Ancestors.familysearch.org de New Haven, Connecticut.

Coppini finou en San Antonio, Texas, o 26 de setembro de 1957 e foi soterrado no cemiterio Sunset Memorial Park, nunha cripta que fora deseñada por el mesmo. Logo do seu pasamento, o seu estudio en San Antonio pasou a funcionar como museo dedicado tanto á súa obra como á da súa filla adoptiva Waldine Tauch.

Galería de obras

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Belfiglio, V. (2016). "The Effect of Art Music on Pompeo Coppini: Greatest Sculptor of Texas Monuments". En Sociology Study. Vol. 6. Nº11. Páxinas 706‐712. Harrigan, S. (1984). "Coppini the Great". En Texas Monthly. Outubro. LaGumina, S. J. et al. (2000). "Coppini, Pompeo (1870-1957)". En The Italian American Experience: An Encyclopedia. Taylor & Francis, Nova York. Páxinas 145-146. ISBN 0-203-80117-2 Marini, R. A. (2019). "Italian sculptor Pompeo Coppini the father of modern-day Fiesta San Antonio". En San Antonio Express News. 8 de abril. Reynolds, P. (2017). "Pompeo Coppini, sculptor: italian born, Texas reborn". En L'Italo Americano (Italoamericano.org). 11 de xaneiro.

Smith, P. (2012). "Coppini, Pompeo Luigi". En American Numismatic Biographies. Páxina 100.

Ligazóns externas

The Coppini Academy of Fine Arts Vídeo: "Pompeo Coppini’s legacy looms over Texas"

Categoría:Nados en Mantua Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana