The Watchers é un filme estadounidense de 2024 escrito e dirixido por Ishana Night Shyamalan, no seu debut como directora. Foi producido polo seu pai M. Night Shyamalan, e baséase na novela de 2021 de A. M. Shine. Está protagonizado por Dakota Fanning, Georgina Campbell, Olwen Fouéré e Oliver Finnegan, e conta a historia de Mina, unha artista de 28 anos que queda atrapada nun bosque do oeste de Irlanda. Na procura de refuxio, queda atrapada con outros tres estraños nun búnker, dende onde son observados por unhas misteriosas criaturas cada noite.

The Watchers estreouse nos cinemas dos Estados Unidos a través de Warner Bros. Pictures o 7 de xuño de 2024. Recibiu valoracións negativas por parte da crítica e recadou 33 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 30 millóns.

Cast Dakota Fanning como Mina/Lucy Georgina Campbell como Ciara Olwen Fouéré como Madeline Oliver Finnegan como Daniel Alistair Brammer como John John Lynch como Profesor Kilmartin

Notas

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes ambientados en Irlanda Categoría:Filmes rodados en Irlanda Categoría:Filmes sobre irmás xemelgas Categoría:Filmes de Blinding Edge Pictures Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América