Navia é un nome propio feminino galego. A súa orixe é prerromana de raíz céltica, e ten o seu epónimo no río Navia e tamén é o nome da antiga deusa dos ríos e da auga presente en todo o oeste peninsular.
En xaneiro de 2023 existían 69 mulleres en Galicia co nome Navia, cunha media de idade de 9,3 anos.Nome Navia na web do Instituto Galego de Estatística
Historia O seu uso estendeuse a finais do século XX, incorporándose ao corpus dos nomes galegos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Río Navia Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe celta Categoría:Nomes femininos galegos