Stefan Džodić, nado en Montpellier o 15 de marzo de 2005, é un futbolista serbo-francés que xoga de centrocampista no Almería, da Segunda División. É internacional coas categorías inferiores da selección serbia.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Montpellier dende os 4 anos e o 15 de setembro de 2024 debutou co primeiro equipo na Ligue 1, nunha derrota por 3-0 contra o Rennes.

En xullo de 2025 trasladouse a España e asinou un contrato de cinco anos co Almería, da Segunda División.

Selección nacional Nado en Francia nunha familia de orixe serbia, formou parte da selección serbia sub-17 na Eurocopa sub-17 de 2022. Foi convocado pola selección serbia sub-21 para unha serie de partidos de clasificación para a Eurocopa sub-21 en setembro de 2024.

Vida persoal Stefan é fillo do exfutbolista serbio Nenad Džodić e irmán do tamén futbolista Viktor Džodić.

Notas

Categoría:Nados en 2005 Categoría:Nados en Montpellier Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Montpellier HSC Categoría:Xogadores da UD Almería