Iván Fernández Diéguez, máis coñecido como Iván Caloto, nado en Lugo en 1976, é un dramaturgo galego.

Traxectoria Graduouse en Arte Dramática na especialidade de Dirección e Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg).

Colabora como crítico de teatro en medios como Erregueté. Revista Galega de Teatro, ADE Teatro, Praza Pública, O Galiñeiro e o programa de televisión da TVG, Zig Zag. É coordinador da sección Palcos LGBTQ+.

Obras

"Sssh!," en Erregueté. Revista Galega de Teatro. "H.O.m.e." en Erregueté. Revista Galega de Teatro Os rapaces só se tocan para darse de hostias (2025). Vigo: Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-1176-493-3.

Obras colectivas

Premio de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo 2001 (2005). Vigo: Xerais. ISBN 978-8483026625.

Premios

2001: Perante o espello, Premio 2001 de Teatro Universidade de Vigo. 2015: Pequeno canon dramático. Auditorio SGAE, Santiago de Compostela. Premio de Lecturas Dramatizadas da SGAE. 2017: Finis mundi, Mención especial no Premio de Teatro Romería Viquinga Vila de Catoira. 2023: Premio Extraordinario de Fin de Carreira de Ensinanzas Artísticas Superiores. 2025: Premio Roberto Vidal Bolaño, por Os rapaces só se tocan para darse de hostias.

Notas

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos de Galicia