O Brookhattan foi un club de fútbol estadounidense con sede na cidade de Nova York, que foi membro da American Soccer League (ASL) profesional de 1933 a 1962. O nome é unha mestura dos nomes de Manhattan e Brooklyn, onde xogaba. Máis tarde cambiou o seu nome a Brookhattan–Galicia (1948-1958), Galicia (1958-1961) e Galicia–Honduras (1961-1962).
Historia Fundado como New York Brookhattan en 1933, uniuse á primeira ASL e lideraba a liga a metade da tempada da primavera de 1933 cando a liga colapsou. A finais de 1933 uniuse á nova ASL como Brookhattan. En 1942 gañou a Lewis Cup, e en 1945 a ASL, a National Challenge Cup e de novo a Lewis Cup.
En 1947, o importador de café galego Eugene Díaz, propietario do New York Galicia, comprou o Brookhattan, retirou o Galicia da National Soccer League de Nova York e transferiu os seus xogadores ao Brookhattan. O equipo fusionado, renomeado como Brookhattan-Galicia, chegou á final da National Challenge Cup de 1948.
Na tempada 1948/49, o cubano Pito Villanon, do Brookhattan, foi o máximo goleador da ASL, repetindo na 1952/53, na que tamén foi elixido mellor xogador da liga. Na tempada 1949/50 o máximo goleador do campionato foi outro futbolista do Brookhattan, Joe Gaetjens. O equipo rematou subcampión da ASL en 1954.
En 1961 o Galicia fusionouse co Honduras, un equipo que non pertencía á ASL, para formar o Galicia-Honduras.
Véxase tamén Bibliografía
Notas
Categoría:Equipos de fútbol dos Estados Unidos de América