Lluïsa Forrellad i Miquel, nada en Sabadell, Barcelona, o 17 de maio de 1927 e finada en Sardañola do Vallés, Barcelona, o 4 de agosto de 2018, foi unha escritora española en lingua catalá e española. Gañadora do Premio Nadal en 1953 á idade de 26 anos coa novela Siempre en capilla.
Biografía Gañou o Premio Nadal en 1953 con só 26 anos coa súa obra Siempre en capilla. A novela narra en primeira persoa, desde un punto de vista de estudo, os transos de dous médicos e un químico recentemente titulados durante unha epidemia de difteria no Londres de finais do século XIX.
De difícil clasificación, quizais romanticismo gótico tardío, e en especial no contexto da época e do resto de novelas gañadoras entón do Nadal, todas encadrables, dentro dun maior ou menor interese literario, no chamado realismo social da posguerra, resulta, máis de cincuenta anos despois da súa publicación, unha lectura decididamente excitante.
Despois de máis de 50 anos de silencio publica en 2006 unha das obras que estivo a escribir Foc Latent (Angle editorial), para o que a autora realizou unha exhaustiva investigación de materiais históricos, narra unha historia romántica ambientada na convulsa Barcelona de finais do século XIX, onde se mesturan paixóns, segredos e revoltas.
A raíz do premio, a populariedade desátase pero ela decide desaparecer da escena pública. A prensa a chama «a escritora pantasma». Forrellad, infatigable, non deixa nunca de escribir e de reescribir durante as seguintes décadas. Foc Latent marcou a súa reaparición pública máis de cincuenta anos despois, cun éxito rotundo de público e crítica. Publicou tamén en lingua catalá, ademais: Sempre en capella (2007), Retorn amarg (2008) —considerada por Time Out unha das cinco mellores novelas do ano—, El primer asalt (2009) e L'Olor del mal (2010).
Faleceu en Bellaterra, entidade municipal de Sardañola do Vallés (provincia de Barcelona), o 4 de agosto de 2018.
Notas
Ligazóns externas
Páxina dedicada a Lluïsa Forrellad, dentro de letra, o espazo de literatura catalá da Universidade Aberta de Cataluña, en catalán. Luïsa Forrellad. A escritora esquecida. Podcast dA Cadea Ser con motivo do seu falecemento/
Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Dramaturgos de Cataluña Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2018