Colored Music foi un dúo musical xaponés, en activo durante o ano 1981 na cidade de Tokyo, catalogado como electrónica xaponesa, pop-fusión, new-wave funk, "Avant" ambient e, segundo a crítica, precursor do house. A banda mesturaba todo tipo de estilos dentro do Synthpop e foron usados durante anos por djs locais pola súa adaptabilidade á música de baile, con temáticas do fólclore xaponés, como na canción Kitsune No Yomeiri (en galego, A voda do raposo), unha lenda na que os animais invocan a choiva nun día despexado. Para obrigar aos humanos non desexados a meterse nas súas casas e permitir que a súa cerimonia teña privacidade.
O conxunto estivo composto pola parella de pianistas de jazz Atsuo Fujimoto e Ichiko Hashimoto.
Álbum "Colored Music", publicado polo selo Better Days en 1981. As cancións do álbum orixinal de 1981 ao completo foron incluídas no álbum "Individual Beauty" do selo Shimizu do 2018, cunha edición adaptada para soar en clubs de baile.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas A canción Heartbeat dos Colored Music , en youtube, ano 1981
Categoría:Grupos musicais do Xapón Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de música electrónica