Shí naashá (en galego, Vou) é unha canción en navagho, composta en 1868 para conmemorar a liberación do pobo navagho de Fort Sumner, o lugar ao que foran levados forzosamente durante A Longa Marcha dos Navaghos, unha limpeza étnica perpetrada polo goberno estadounidende contra o pobo navagho entre 1864 e 1866. A letra da canción expresa a euforia dos navaghos ao regresar ás súas terras.
A palabra hózhǫ́ (beleza), un concepto importante na espiritualidade navagho, é utilizada na letra da canción.
Letras En navagho:En galego:Ahala ahalago naashá ghą Shí naashá ghą, shí naashá ghą,
Shí naashá lágo hózhǫ’ la.
Shí naashá ghą, shí naashá ghą,
Shí naashá, ladee hózhǫ’ǫ’ lá.Vou en liberdade Vou, vou,
Vou en beleza.
Vou, vou,
Vou, a beleza está ao meu redor
Notas
Véxase tamén Bibliografía Koskoff, ed. (2000). Garland Encyclopedia of World Music, Volume 3: The United States and Canada. ISBN 0-8240-4944-6.
Categoría:Cancións en lingua navagho