é un conglomerado de empresas e negocios de Corea do Sur, fundado en 1947 por Chung Ju-yung. Dentro das múltiples firmas que posúe, atópase a marca de automóbiles Hyundai Motor Company, o cuarto maior fabricante de coches (se se ten en conta as cifras de Kia Motors, a súa subsidiaria), así como Hyundai Heavy Industries, o fabricante de buques e maquinaria máis grande do mundo.

A compañía foi un dos conglomerados industriais máis influentes na economía de Corea do Sur. Durante a crise financeira asiática de 1998, acumulou fortes perdas que o levaron a desmantelar a entidade en compañías independentes entre si. Tras ser disolta a sociedade orixinal en 2003, a súa herdeira é o segundo chaebol máis grande do país por detrás de Samsung.

Empresas do grupo

Toda a actividade económica de Hyundai estrutúrase en seis empresas independentes entre si:

Hyundai Group: compañía orixinal de Hyundai, creada en 1947 como unha empresa de construción de infraestruturas. Adicase a infraestruturas, ascensores e turismo. Hyundai Motor Group: a empresa máis coñecida de Hyundai a nivel mundial, encargase da fabricación de coches, con Hyundai Motor Company e Kia Motors como as súas dúas marcas máis coñecidas. É o cuarto fabricante de vehículos a nivel mundial. Hyundai Department Store: cadea de centros comerciais con presenza en Corea do Sur. Hyundai Heavy Industries: adicada á fabricación e elaboración de buques, é o primeiro fabricante do mundo no sector. HDC Group: firma inmobiliaria do conglomerado. Hyundai Rotem: fabricante de material ferroviario, maquinaria para fábricas e enxeños para a defensa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Empresas de Corea do Sur