William Maving Gardner, nado en Newcastle upon Tyne o 25 de maio de 1914 e finado en Wittersham, Kent, o 28 de decembro de 2000,"Gardner, William Maving". Biographisches Lexikon der Münzmeister und Wardeine Stempelschneider und Medailleure von der Renaissance bis zu (mintmaster.geschichte.lmu.de). Ludwig-Maximilians-Universität München. foi un gravador, calígrafo, deseñador de moedas e autor inglés, vinculado profesionalmente á Royal Mint de Londres durante tres décadas.
Traxectoria Nado en Newcastle upon Tyne en 1914, William M. Gardner cursou a súa formación artística no Royal College of Art de Londres."William Maving Gardner". Findagrave.com
A sona de Gardner vénlle dada sobre todo por ser o autor dos deseños de diversas moedas circulantes británicas, entre eles os reversos da popular moeda de tres peniques de latón e dos xilins cos escudos de Inglaterra e de Escocia cuñados a nome de Isabel II a partir de 1953, así como os da moeda de 20 peniques, xa de carácter decimal, emitida a partir de 1982. Ademais, Gardner creou tamén deseños para unha boa cantidade de moedas cuñadas pola Royal Mint para territorios como Chipre, Nova Zelandia ou as illas Malvinas."William Maving Gardner". Numista.com"Information about William Gardner". Online Coin Club (Onlinecoin.club).
En 1963, Gardner exerceu como profesor visitante e conferenciante do programa de belas artes da Universidade Estatal de Colorado, e nos anos seguintes fixo viaxes frecuentes para investigar a arte e a artesanía de países como os Estados Unidos, a Polinesia, Nova Zelandia, Australia e o Nepal.
Entre outras entidades e sociedades eruditas, William Gardner pertenceu á Society of Scribes and Illuminators, da Society of Numismatic Artists and Dersigners e á The Arts and Crafts Exhibition Society,"W.M. Gardner". Mapping the Practice and Profession of Sculpture in Britain & Ireland 1851-1951. Universidade de Glasgow (Sculpture.gla.ac.uk). e a partir de xaneiro de 1968 foi membro honorario da Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia."Former Life Honorary Members". The Royal Numismatic Society of New Zealand (Nsnz.org.nz).
Vida persoal William Maving Gardner estivo casado con Joan Margaret Pollard (1912-1982). Gardner finou en Wittersham, Kent, o 28 de decembro de 2000, os 86 anos de idade, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio desa localidade.
Publicacións
(1982). Alphabet at Work. St. Martin's Press, Nova York. ISBN 0-312-02139-9 (1988). William Gardner's Book of Calligraphy. Wildwood House. ISBN 0-7045-3101-1
Obras
Notas
Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados en Newcastle Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Artistas de Inglaterra Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades sen imaxes