miniatura|200x200px|O Avemaría en xeroglíficos Micmac Os xeróglifos micmac (en ) foron un sistema de escritura empregado polos indíxenas micmac, que habitan na costa leste do Canadá. Constitúen un logograma, aínda que tamén conteñen elementos fonéticos.
Historia Presuponse que o sistema deriva de pictogramas tradicionais. Christian Le Clercq, misioneiro católico que en 1675 se atopaba na península de Gaspesia, afirmou ver aos nenos micmac escribir símbolos sobre cortiza de bidueiro. Os gravados ás veces facíanse empregando púas de porco espiño. Le Clercq empregou estes símbolos para traducir e escribir oracións relixiosas en micmac e desenvolveu tamén novos símbolos. O sistema de escritura fíxose popular entre o pobo micmac e foi empregado até o século XIX.
Posto que non hai evidencia histórica ou arqueolóxica que demostre a existencia destes símbolos antes da chegada de Le Clercq, descoñécese a antigüidade dos símbolos micmac nos que, segundo o misioneiro, se baseou. A súa relación cos petróglifos micmac tamén é incerta.
O biólogo e o epigrafista afeccionado Barry Fell dixo que os xeroglíficos micmac eran orixinalmente exipcios. Ives Goddard e William Fitzhugh, do Departamento de Antropoloxía do Instituto Smithsoniano, á parte de considerar completamente infundadas as ideas de Fell, afirmaron que o sistema anterior aos misioneiros era puramente memorístico, un recurso memotécnico, e non un sistema de escritura.Ives Goddard e William W. Fitzhugh, Barry Fell Reexamined, artigo en The Biblical Archaeologist (ver) , setembro de 1978, vol. 41, núm. 3, páxinas 85-88, issn 1449-180X (ver)
Exemplos dereita|Texto de Rito de Confirmación Este é un texto ritual empregado no Rito de Confirmación, escrito en xeroglíficos micmac. O texto significa Koqoey telikaqumilálaji msɨt Nakli -?, literalmente, «Por que / vos / todo / despois de que el as fixo?», ou «Por que todos estes pasos son necesarios?». ligazón=Ficheiro:Our_Father_in_heaven_-_Mikmaq_hierogl.gif|Comezo do Nosopai. No texto lese Nujjinen wásóq – "Noso pai / no ceo"
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
(text of 1982, plus illustrations of embroidery and some photos) New edition of Father Kauder's Book published in 1866. Ristigouche, Quebec: The Micmac Messenger.
Categoría:Xeróglifos Categoría:Lingua micmac