Manuel Fernández Fernández, nado en Folgueiroa (Cervantes) o 24 de outubro de 1910 e finado en Gusen o 29 de decembro de 1941, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.

Traxectoria Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e enviado ó Stalag V-D, en Estrasburgo. Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 13 de decembro de 1940, e finalmente trasladado ó campo de concentración de Gusen, onde pereceu o 29 de decembro de 1941.

Recoñecementos A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica colocou no concello de Cervantes unha Stolperstein na súa memoria, así como na lembranza de Jesús López Digón, Octavio Arias González, José Fernández Santín, José Fernández Pérez e Jesús Méndez López, todos eles orixinarios deste municipio e vítimas do franquismo e o réxime nazi.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Cervantes Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis