William Wallace Cleland, nado en Baltimore o 6 de xaneiro de 1930 e finado o 6 de marzo de 2013, a miúdo citado como W. W. Cleland, e coñecido como "Mo Cleland", foi un profesor de bioquímica da Universidade de Wisconsin-Madison. As súas investigacións trataron sobre os mecanismos das reaccións encimáticas e a cinética encimática,Academic home page especialmente de encimas con múltiples substratos. Foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1985.

Vida e educación Recibiu o seu bacharelato en artes (A.B.) do Oberlin College en 1950 e o seu máster en ciencias (M.S.) e doutoramento (Ph.D.) da Universidade de Wisconsin-Madison en 1953 e 1955, respectivamente. Era moi afeccionado á filatelia e foi premiado co Premio polos Logros dunha Vida en filatelia polo Instituto Smithsoniano en 2008. Cleland morreu o 6 de marzo de 2013 por unha caída no xeo.

Carreira Despois de realizar investigacións posdoutorais na Universidade de Chicago volveu á Universidade de Wisconsin–Madison, onde foi profesor axudante en 1959. En 1962 ascendeu a profesor asociado e despois a profesor titular en 1966. Converteuse no J. Johnson Professor de Bioquímica en 1978, e no Steenbock Professor de Ciencias Químicas en 1982.

Kresge, Simoni e Hill presentaron un eloxio xeral da vida e carreira de Cleland.

Contribucións científicas

Artigos

As investigacións de Cleland centráronse no uso da cinética encimática para deducir mecanismos encimáticos, especialmente os implicados en transferencias de fosfo e acilo. Foi pioneiro no estudo da cinética e mecanismos de encimas con máis dun substrato, e probablemente foi o primeiro en facer unha clasificación sistemática dos mecanismos e das correspondentes ecuacións cinéticas e da inhibición. Baseándose nos seus traballos fixo estudos sobre a cinética encimática de varios encimas, incluíndo o intercambio de isótopos da creatina quinase.

Foi un pioneiro no uso de computadores para analizar datos de cinética encimática, e os seus programas Fortran que aplicaban as análises de Wilkinson, que distribuía a todos os que llelos solicitaban, tiveron moita influencia.

Na última parte da súa carreira, Cleland contribuiu moito aos estudos do uso de efectos isotópicos cinéticos como ferramenta para dilucidar os mecanismos da catálise encimática.

Foi o primeiro en usar o ditiotreitol para a redución de pontes disulfuro en proteínas, e o composto é denominado en consecuencia reactivo de Cleland.

Libro Enzyme Kinetics and Mechanism (con P. F. Cook, 2007)

Premios e recoñecementos 1985 - Elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos 1986 - Premio ao Académico Senior Fulbright 1990 - Premio Merck (Sociedade Americana de Bioquímica e Bioloxía Molecular) 1993 - Premio Alfred Bader de Química Bioinorgánica ou Bioorgánica (Sociedade Química Americana) 1995 - Premio da Repligen Corporation en Química dos Procesos Biolóxicos (División de química biolóxica da Sociedade Química Americana) 1999 - Premio Stein e Moore (Sociedade das Proteínas) 2008 - Premio aos Logros dunha Vida en Filatelia, Instituto Smithsoniano 2014 - 36º Simposio Steenbock, en honra da vida de W. W. Cleland

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Perry Allen Frey, "W. Wallace Cleland", Biographical Memoirs of the National Academy of Sciences (2014)

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Bioquímicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Baltimore Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison Categoría:Alumnos da Universidade de Chicago Categoría:Profesores da Universidade de Wisconsin–Madison