Terry Allen Winograd, nado en Takoma Park (Maryland) o 24 de febreiro de 1946, é un informático estadounidense, coñecido polas súas investigacións en intelixencia artificial. Foi profesor de Ciencias da Computación na Universidade Stanford.
Fixo importantes contribucións á filosofía da mente e da intelixencia artificial polo seu traballo pioneiro en linguaxe natural, coa creación en 1972 do programa SHRDLU; cunha contorna de software moi simplificada (o que dende entón se chamou o mundo dos bloques), podía realizar múltiples interaccións (coller un cono e poñelo entre o cubo e a pirámide) obedecendo mandatos lingüísticos ("SHRDLU, colle o cono e pono entre o cubo e a pirámide"). Podíaselle preguntar sobre o historial de accións e a xustificación da súa conduta.https://vonneumannmachine.wordpress.com/2011/02/21/el-limite-winograd/ El límite Winograd
Traxectoria Terry Winograd está especializado no deseño da Interacción Home-Máquina (IHM) e no deseño de tecnoloxías para o desenvolvemento. Foi o fundador e director dos programas de ensino e da investigación en IHM do Grupo de Interacción Home-Máquina de Stanford. Foi un dos membros fundadores do corpo docente do Hasso Plattner Institute of Design de Stanford (a "d.school") e formou parte do corpo docente do Centro para a Democracia, o Desenvolvemento e o Estado de Dereito (CDDRL).
Winograd foi membro fundador e expresidente de Computer Professionals for Social Responsibility (Profesionais Informáticos pola Responsabilidade Social). Pertence a varios consellos editoriais de revistas, como Human Computer Interaction, ACM Transactions on Computer Human Interaction e Informatics. Escribiu ou colaborou en cinco libros dende 1972, sendo o máis recente Bringing Design to Software. Asesorou varias empresas creadas polos seus estudantes, incluíndo Google.
Winograd é un pensador citado en estudos modernos sobre lóxica e filosofía da información:
Recoñecementos
En 2011 recibiu o Premio á Trayectoria Investigadora de ACM SIGCHI.
Notas
Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en 1946 Categoría:Profesores da Universidade Stanford Categoría:Nados en Maryland