Ilia Malinin, nado en Fairfax (Virxinia) o 2 de decembro de 2004, é un patinador artístico sobre xeo estadounidense.
Traxectoria
Foi o primeiro (e en 2025 o único) patinador en facer totalmente rotado o cuádruplo Axel, considerado o salto máis difícil na patinaxe artística sobre xeo, nunha competición internacional. Logrouno por vez primeira ao primeiro intento no 2022 U.S. International Classic, e dende ese momento logrou executar o salto en numerosas ocasións en competicións.
É medallista de ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2026 no evento de equipo de patinaxe artística, tres veces campión do mundo (2024, 2025, 2026), tres veces campión da Final do Grand Prix (2023, 2024, 2025), sete veces medallista de ouro no Grand Prix, catro veces medallista de ouro no Challenger Series, e catro veces campión nacional dos Estados Unidos (2023–26). No nivel júnior, Malinin é o campión do Mundo júnior no 2022 e o dúas veces medallista de ouro do Grand Prix Júnior. En 2025 ten o récord no mundial júnior de programa corto, de programa libre, e de puntuación combinada, así como o récord mundial sénior do programa libre. Resultados GP: Grand Prix; CS: Challenger Series; JGP: Junior Grand Prix
Internacional Evento 2019–20 2020–21 2021–22 2022–23 2023–24 2024–25 2025–26 Xogos Olímpicos de Inverno 8º Campionato do Mundo 9º 3º 1º 1º 1º Final 3º 1º 1º 1º Finlandia 1º Francia 2º 1º Skate America 5º 1º 1º 1º Skate Canada 1º 1º Autumn Classic 1º Copa de Austria 3º Lombardia Trophy 1º 1º U.S. Classic 1º Challenge Cup 1º Eventos de equipo Evento 2019–20 2020–21 2021–22 2022–23 2023–24 2024–25 2025–26 Xogos Olímpicos de Inverno (Evento de Equipo) 1º T 2º P 1º P ISU World Team Trophy 1º T 2º P 1º T 1º P Japan Open 2º T 2º P 2º T 1º P Nacional Evento 2019–20 2020–21 2021–22 2022–23 2023–24 2024–25 2025–26 Campionato dos Estados Unidos 2º 1º 1º 1º 1º Internacional: Júnior Evento 2019–20 2020–21 2021–22 2022–23 2023–24 2024–25 2025–26 Mundial Júnior 16º J 1º J Austria 1º J Francia 1º J Italia 7º J Estados Unidos 4º J Philadelphia Summer 7º J J. = Nivel Junior, TBD = Asignado, WD = RetiradoT = Resultado de equipo, P = Resultado Persoal; As medallas son concedidas solo polo resultado do equipo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ilia Malinin no International Skating Union Ilia Malinin en SkatingScores Ilia Malinin en U.S. Figure Skating
Categoría:Nados en 2004
Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Patinadores artísticos olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe artística