O partido xudicial da Fonsagrada é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial núm. 8 da provincia de Lugo.

Abrangue as localidades de Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e A Ribeira de Piquín.

A cabeza de partido, e polo tanto sede das institucións xudiciais, é A Fonsagrada. O enderezo do partido sitúase na Rúa Penela da localidade. A Fonsagrada conta cun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Partidos xudiciais de Galicia

Fonsagrada, A Categoría:A Fonsagrada