O partido xudicial de Vilalba é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial núm. 4 da provincia de Lugo, dos nove partidos xudiciais que ten devandita provincia.
Abrangue as localidades de Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.
A cabeza de partido, e polo tanto sede das institucións xudiciais, é Vilalba. O enderezo do partido sitúase na Rúa de Galicia 38 da localidade. Vilalba conta cun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Partidos xudiciais de Galicia
Vilalba Categoría:Vilalba