María Paula Currás Prada, nada en Cambre en 1996, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria
É graduada en inglés pola Universidade da Coruña e a Universidade de Gales do Sur, con estadías no University College Dublin e Cornell University. Doutorouse pola UDC coa tese Lyric Texture: Subjectivity and Textual Embodiment in Contemporary Feminist Experimental Poetry (2024).
En 2025 exerceu como profesora substituta na Universidade da Coruña, área de Filoloxía Inglesa, integrada no Grupo de investigación Culturas e Literaturas dos Estados Unidos de América (CLEU). En 2026, traballa como Investigadora Juan de la Cierva na Universitat de Barcelona e no centro de investigación ADHUC (Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat).
As súas liñas de investigación abranguen a poesía contemporánea, a poesía de mulleres, os estudos de xénero e os estudos da materialidade.
A súa produción poética en inglés e galego foi publicada nas revistas Porridge e Dorna.
Premios
2024: Segundo premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores 2025: XXXI Premio Xoán Díaz de Cambre. 2025: XXXVIII Premio de poesía Pérez Parallé.
Obras
2026: Vestiario
Notas
Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1996 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade da Coruña