Esperanza Pizarro Pagalday, nada en Nueva Palmira o 15 de abril de 2001, é unha futbolista uruguaia que xoga como dianteira no Deportivo da Coruña, da Primeira División. É internacional coa selección uruguaia.

Traxectoria Nacida en Nueva Palmira, no departamento uruguaio de Colonia, comezou a xogar ao fútbol no Palmirense da súa cidade natal. En 2019 ingresou no equipo xuvenil do Nacional de Montevideo, debutando co primeiro equipo ao ano seguinte. En 2022 instalouse en España, onde asinou como nova xogadora do Santa Teresa de Badaxoz, da Terceira Federación. Entre 2023 e 2025 militou no Eibar, da Primeira División, co que disputou 62 encontros, marcando oito goles.

En xullo de 2025 fichou polo Deportivo da Coruña.

Selección nacional Internacional coas categorías inferiores do Uruguai, disputou o Campionato Suramericano Sub-20 de 2018 e a Copa do Mundo Sub-17 de 2018. O 4 de marzo de 2019 debutou coa selección absoluta do Uruguai, nun amigable ante Francia. Disputou a Copa América de 2025, na que a selección uruguaia acadou a cuarta posición.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados no departamento de Colonia Categoría:Futbolistas do Uruguai