En epidemioloxía, a infectividade é a capacidade dun patóxeno de establecer unha infección. Máis especificamente, a infectividade é o grao en que un patóxeno pode entrar, sobrevivir e multiplicarse nun hóspede. Mídese pola proporción do número de persoas que resulta infectada respecto ao número total exposto ao patóxeno.

A infectividade non é o mesmo que a virulencia (capacidade de causar dano do patóxeno), xa que hai patóxenos que establecen infeccións doadamente, pero estas son leves en canto aos danos que producen. Non obstante, en plantas a infectividade correlaciónase positivamente coa virulencia. Isto significa que nas plantas se a capacidade dun patóxeno de infectar un maior número de hóspedes se incrementa, así o fai o nivel de dano que produce no hóspede.

A infectividade dun patóxeno é diferente da súa transmisibilidade, a cal se refire á capacidade dun patóxeno de pasar dun organismo a outro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Número de reprodución básico (taxa reprodutiva básica, razón reprodutiva basica, R0, ou r cero)

Categoría:Epidemioloxía