Barskunes () ou Baskunes () é o nome dunha ceca situada no norte da Península Ibérica e activa a partir de finais do século II a. C. e durante o I a. C.,"Cecas vasconas: Baskunes/Barskunes". Tesorillo.com dentro do coñecido como "grupo pirenaico" ou tamén "grupo navarro", composto por numerosas cecas caracterizadas por usaren o mesmo escrita ibérica levantina que a área celtibérica.
Localización da ceca A proposta tradicional, desde o século XIX, é identificar a cidade emisora con Pompaelo (Pamplona),Jusué Simonena, C. (1996). Páxina 34.José María Blázquez, citando a Antonio Tovar, que «quizais a ceca de Barskunes sexa Pompaelo». Véxase Blázquez, J. M. (1966). "Los vascos y sus vecinos en las fuentes literarias griegas y romanas de la Antigüedad". En Problemas de la Prehistoria y de la Etnología vascas. 177-206. en tanto que outros autores, pola contra, apuntan cara a Rocaforte, xunto a Sangüesa.Alicia M. Canto, sen descartar completamente Pompaelo, suxire Rocaforte porque, entre outras razóns, en 924 d. C. os árabes denominan o su paso Fayy al-Baskuns ("o paso dos Vascón") e a poboación ao pé del Baskunsa; segundo ela, esta era a "ruta obrigada para ol acceso desde o SL a Pamplona e o saltus, logo de pasar Sangüesa". Véxase: Canto, A. M. (1997). Ambas as teses situarían a ceca dentro da área nuclear dos Vascóns. Unha terceira tendencia de propostas sitúa a ceca de Ba(r)skunes no poboado de La Custodia, en Viana, por mor do importante número de moedas (52 exemplares) achados naquel depósito, á espera de que unhas rigorosas escavacións aclaren se a rexión estaba ocupada por Vascóns ou Beróns.Labeaga Mendiola, J. C.; Espinosa Ruiz, U. (1999). Páxina 171.
miniatura|200x200px|esquerda|O topónimo nas variantes "Barskunes" ou "Bascunes" en caracteres ibéricos, tal como aparece nas moedas.
Os traballos máis recentes tenden a situar a ceca nalgún lugar próximo ao Ebro, xa que a arqueoloxía non sacou á luz máis que pequenos asentamentos. A partir dunha investigación de I. Rodríguez Casanova publicada en 2010 insístese na proposta de La Custodia, no termo municipal de Viana.Rodríguez Casanova, I. (2009). "Nuevos datos sobre el tesoro celtibérico de Monte Lejarza-Larrabezúa (Vizcaya)". En Zephyrus: Revista de prehistoria y arqueología. Nº 63. Páxinas 135-154.
Para o lingüista vasco Joaquín Gorrochategui, da Universidade do País Vasco, a controversia sobre unha identificación coa palabra vascones ("vascóns") foi superada pola confirmación da súa filiación co mundo celtibérico.Gorrochategui Churruca, J. (2000).
Tipoloxía das moedas As moedas son denarios de tipoloxía ibérica,De Guadán, A. M. (1969). Páxina 203 e figuras 362-367. xunto con ases cunha arte máis variada e bruta. Os denarios levan no anverso unha cabeza viril, con barba, e no reverso un xinete con espada curta e a lenda Baskunes/Barkcunes. Algúns exemplares amosan tamén inscrición no anverso. Os maiores depósitos destas moedas apareceron en Viana, Alagón e Tafalla, e en Pamplona só tres, aínda que iso pode ser accidental e non concluínte.Canto, A. M. (1997).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Blanco Freijeiro, A. (1988). Historias del viejo mundo Nº 1 (Historia 16). Los primeros españoles. ISBN 84-7679-101-1
Canto, A. M. (1997). "La Tierra del Toro. Ensayo de identificación de ciudades vasconas". En Archivo Español de Arqueología. Nº 70Páxinas 31-70. De Guadán, A. M. (1969). Numismática ibérica e ibero-romana. Instituto Español de Arqueología. Madrid. Gorrochategui Churruca, J. (2000). "La romanización del País Vasco: aspectos lingüísticos". En Bitarte: Revista cuatrimestral de humanidades. 22. Páxinas 87-106. ISSN 1133-6110
Jusué Simonena, C. (1996). "Primitivas muestras monetales". En Signos de identidad histórica para Navarra. 1. Páxinas 139-144. Caja de Ahorros de Navarra. ISBN 978-84-87120-30-5 Gil Farrés, O. (1959). Historia de la moneda española. Diana, Madrid. Labeaga Mendiola, J. C.; Espinosa Ruiz, U. (1999). La Custodia, Viana, Vareia de los Berones [Trabajos de arqueología Navarra, 14].Institución Príncipe de Viana. Páxina 171. ISSN 0211-5174 Mateu i Llopis, F. (1946-a-). La moneda española (breve historia monetaria de España). Alberto Martín, Barcelona. Mateu i Llopis, F. (1946-b-). Glosario hispánico de numismática. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Villaronga i Garriga, L. (1987). "Emisiones ibéricas del interior". En Numismática antigua de Hispania: iniciación a su estudio (2ª ed.). CYMYS. Páxinas 167-206. ISBN 9788485060443
Outros artigos
Moeda ibérica antiga
Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Casas de moeda de España Categoría:Hispania Categoría:Vascóns Categoría:Historia do País Vasco