Máis dun milleiro de futbolistas xogaron no Deportivo da Coruña nos seus 119 anos de historia.

Historia O goleador Virgilio, que disputou con só 16 anos o primeiro partido da historia do Deportivo, foi a primeira grande estrela do club e o futbolista máis importante do primeiro decenio de vida da entidade. En 1920 Joaquín Vázquez converteuse no primeiro internacional na historia do Deportivo, e a mediados da década de 1920 o club deu un salto de calidade coas polémicas chegadas dende Vigo de Otero, Chiarroni, Ramón González e Isidro, fichaxes que foron o detonante da rivalidade entre o equipo coruñés e o Celta de Vigo. Con estes xogadores no equipo, o Deportivo conquistou os seu dous primeiros Campionatos de Galicia e debutou na Segunda División, destacando naquela época tamén xogadores como Pepe Torres, o canario Hilario, o capitán Fariña, o célebre gardameta Rodrigo, ou o dianteiro Pereiro, quen marcou 51 goles en partidos oficiais a pesar de se retirar do fútbol con só 21 anos.

En 1928 debutou o coruñés Chacho, que formou unha famosa á esquerda xunto a Diz, e que co paso dos anos se acabou convertendo no máximo goleador da historia do club. En plena Guerra civil fixo a súa aparición o porteiro máis importante da historia do Deportivo, Acuña, que defendeu a portería do club durante 17 anos, secundado habitualmente pola icónica parella de defensas formada por Ponte e Pedrito. Guimeráns e Chao foron os goleadores máis destacados do equipo durante a década de 1940, ata a chegada da dianteira coñecida como a Orquestra Canaro, e que estaba formada por Tino, Franco, Corcuera, Oswaldo e Moll.

En 1951 debutou o mito do club Arsenio Iglesias, que chegou a coincidir no mesmo equipo con Luis Suárez e Pahiño, dúas das maiores figuras da época, así como co talentoso Rábade, cuxa prometedora carreira quedou truncada pola tuberculose. Os últimos anos da década de 1950 e os primeiros da de 1960 quedaron marcados polos prolíficos Amancio e Veloso, que elevaron notablemente o nivel do equipo. Nas décadas de 1970 e 1980 destacaron entre outros os gardametas Buyo e Jorge, os defensas Piña e Luis, os centrocampistas Piris, García e Gil, e os dianteiros Castro, Traba e Vicente. Con todo, o futbolista máis emblemático desa época foi o talentoso centrocampista José Luis.

Na década de 1990 o Deportivo consolidouse na elite do fútbol español, especialmente tralas fichaxes en 1992 dos brasileiros Bebeto e Mauro Silva. O centrocampista foi elixido en 2016 nunha votación entre os seareiros do Deportivo como o mellor futbolista da historia do club. O ribeirense Fran capitaneou durante preto dunha década un equipo no que sobresaíron entre outros Liaño, Đukić, Donato, Naybet, Rivaldo, Flávio Conceição, Songo'o, Djalminha, Turu Flores, Makaay, Valerón, Scaloni ou Diego Tristán. O canario Manuel Pablo capitaneou o club entre 2006 e 2016, época na que pasaron polo club internacionais como Coloccini, Filipe Luís, Guardado, Lassad ou Celso Borges. O coruñés Bergantiños foi o último xogador do club en superar os 300 partidos e o único en defender a súa camiseta en catro categorías diferentes. O dianteiro Lucas Pérez foi a principal figura e emblema do Deportivo nas súas tres etapas no club entre 2014 e 2025.

Capitáns +XogadorPosInicioFinPartidosSó partidos en competicións oficiais. Juan LongDEF19061909 - Manolo ÁlvarezMED190919133 MachoMED191819205 AngelitoDEF192019238 Ramón GonzálezDIA19241925103 Luis OteroDEF1925192992 IsidroPOR19291931147 FariñaDEF19311934177 ChachoDIA19341934211 ChachoDIA19361941211 ElíceguiDIA1941194247 PedritoDEF19421946285 ChaoDIA19461949253 AcuñaPOR19491954394 Juan OteroPOR19541958143 AmancioMED19611962108 VelosoDIA19621965212 EscolàMED1965196690 JoanetPOR19661968146 DomínguezDEF19681971329 ManoleteMED19711972253 LouredaDIA19721973323 BellóDEF19731974243 CanarioDEF1974197687 PirisDEF19781980190 Pancho GarcíaMED19801985331 José LuisMED19851987291 SilviDEF19871988305 CayetanoDEF19881990128 GilMED19901991235 LasarteDEF19911992151 José RamónMED19921995234 FranMED19951997700 Mauro SilvaMED19971998459 FranMED19982005700 ScaloniMED20052006301 Manuel PabloDEF20062016482 LaureDEF20162017213 MosqueraMED20172018109 BergantiñosMED20182023336 MackayPOR2023202480 LucasDIA20242025172 VillaresMED2025act.180

Récords

Máis partidos +PosXogadorPeríodoPartidos1 Fran1988-20057002 Manuel Pablo1998-20164823 Mauro Silva1992-20054594 Valerón2000-20134225 Acuña1938-19553946 Donato1993-20033937 Sergio2001-20103838 Piña1973-19833409 Bergantiños2011-202333610 Pancho García1975-198533111 Domínguez1960-197132912 Vicente1981-198932513 Loureda1960-197432314 Jorge1975-199132215 Guimeráns1938-1950320

Máximos goleadores PosXogadorPeríodoGoles1 Chacho1928-19461132 Tristán2000-20061103 Veloso1958-1965108 Traba1976-19881085 Guimeráns1938-19501046 Bebeto1992-19961027 Makaay1999-2003978 Castro1973-1982969 Ramón1924-19318910 Vicente1981-19898211 Paco León1930-19348112 José Luis1979-19878014 Chao1939-19497513 Amancio1958-19626915 Lucas2014-202562

Máximos goleadores da liga

Primeira División TempadaXogadorGoles1992/93 Bebeto292001/02 Tristán202002/03 Makaay29

Segunda División TempadaXogadorGoles1940/41 Elícegui261960/61 Veloso261961/62 Amancio251977/78 Castro241982/83 José Luis16

Xogadores premiados

A nivel nacional GalardónCategoríaAnoXogadorTrofeo PichichiPrimeira División1993 Bebeto2002 Tristán2003 MakaayTrofeo ZamoraPrimeira División1942 Acuña1943 Acuña1950 Acuña1951 Acuña1954 Otero1993 Liaño1994 Liaño1997 Songo'oPremio Don BalónMellor xogador estranxeiro1993 ĐukićPremios LFPXogo limpo de Primeira División2009 ValerónMellor xogador de Segunda División2012 ValerónMellor porteiro de Segunda División2012 Aranzubía2014 LuxMellor defensa de Segunda División2014 InsuaMellor mediocentro de Segunda División2014 Juan DomínguezMellor centrocampista de Segunda División2012 GuardadoXogo limpo de Segunda División2014 Manuel PabloPremios AFEMellor xogador de Primeira Federación2024 YeremayMellor xogador de Segunda División2025 Yeremay

A nivel internacional GalardónAnoXogadorBota de Ouro2003 MakaayFutbolista Africano do Ano1998 Hadji

Lista de xogadores A seguinte é unha lista cos futbolistas que acadaron os 100 partidos en competicións oficiais co Deportivo da Coruña.