O Schulhort (en alemán: Schulhort, Kinderhort ou na súa abreviación cotiá "Hort") é unha institución social e de formación alemá que oferta gardaría para nenos en idade escolar e actividades extraescolares.

Nunha tradución literal de Hort como refuxio, gardaría ou acubillo é o formato máis estendido como programa extracurricular opcional, tamén serven o xantar aos nenos. Está subvencionado na súa maioría polo concello (gemeinde) ou pola cidade, existindo a modalidade privada pero que segue o mesmo patrón. Este servizo extraescolar é popularmente coñecido por este nome tanto en Alemaña, coma en Suíza, Austria, Liechtenstein e Luxemburgo.

Encárganse de realizar actividades extraescolares cos alumnos despois da xornada escolar obrigatoria. Con horarios ata as cinco da tarde. As actividades poden abranguer tempo para xogar, facer deporte, socializar e un tempo de estudo para avanzar nos deberes do colexio. Aínda que tamén se pode aproveitar para aprender a tocar un instrumento en certos centros. O servizo municipal é de balde en Alemaña e Austria, e obtense prioridade de entrada en núcleos familiares con ambos proxenitores cun estado de empregado ou traballo por conta propia en activo.

O formato do Hort pódese desempregar no mesmo recinto que o colexio. Unha vantaxe, xa que non ten que desprazarse. Pero non sempre é así, dependendo da dispoñibilidade de prazas. Hai moitos colexios en Alemaña que non contan con esta posibilidade nas súas instalacións. Existe a opción de que o Hort se realice no Servizo de Gardarías (Kindergarten) e tamén hai colexios (unha minoría) que intercalan horas de extraescolares entre as horas lectivas, alongando a hora de saída ás 15:30 da tarde, con hora de comida incluída.

Exemplo Unha nena de 6 anos escolarizada en Hessen en 2025 obtería primeiramente un curso obrigatorio da Policía Municipal para o obtención do Schulweg-Pass , un carné que a acreditaría como coñecedora dos perigos viais tras ser examinada no camiño da súa escola ao seu Hort por policíais de tráfico.

O seu horario escolar no primeiro curso de escola ese ano na rexión sería de 08:15 a 11:30 da mañá. A costume tradicional no país é que os nenos serían capaces de ir sós incluso a unha idade temperá da escola ao Hort, se non se oferta na escola a nena podería ir soa ao seu KinderGarten ou acompañada dos pais ou compañeiros de clase. Unha vez no Hort xantaría e comezaría a súas actividades extraescolares ata que sexa recollida como máis tarde as 17:00 da tarde.

Notas

Categoría:Cultura de Alemaña