Frankenstein é un filme estadounidense de 2025 producido, escrito e dirixido por Guillermo del Toro. Baséase na novela de 1818 de Mary Shelley. Está protagonizado por Oscar Isaac como Victor Frankenstein e Jacob Elordi como a Criatura, mentres que Mia Goth e Christoph Waltz interpretan papeis secundarios. A historia segue a vida de Frankenstein, un científico egoísta cuxo experimento para crear nova vida ten consecuencias perigosas.

Frankenstein estreouse na 82ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 30 de agosto de 2025. Tivo unha estrea limitada nos cinemas o 17 de outubro, e estreouse globalmente o 7 de novembro a través de Netflix, onde conta con versión dobrada e subtitulada ao galego. A tradución da dobraxe é obra de Luisa Lage.

Personaxes

Oscar Isaac como barón Victor Frankenstein Christian Convery como Victor de neno Jacob Elordi como a Criatura Mia Goth como: Lady Elizabeth Harlander Baronesa Claire Frankenstein Felix Kammerer como William Frankenstein David Bradley como o cego Lars Mikkelsen como Capitán Anderson Charles Dance como barón Leopold Frankenstein Christoph Waltz como Henrich Harlander Kyle Gatehouse como cazador Lauren Collins como Alma Sofia Galasso como Anna-Maria Ralph Ineson como Professor Krempe Burn Gorman como executor

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Guillermo del Toro Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes de Frankenstein Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes rodados en Edimburgo Categoría:Filmes de 2025 con versión en galego